Sábado. 18.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Crónicas dunha difícil xornada de luto

1ª Autonómica: Crónicas dunha difícil xornada de luto
11 do Malpica ante o Sofan no ultimo partido de Pombo-Foto-Luis Porto Toca facer unhas das crónicas máis difíciles dende que estamos á fronte de QPC. I é que escribir estes datos despois de acabar de recibir a nova do falecemento de Pombo é moi difícil. O porteiro malpicán xogaba onte o que foi seu último partido baixo os paus de Pedra Queimada, algo que non imaxinaban os centos de afeccionados que viron o derbi ante o Sofán. Seguro que hoxe todo o Fútbol costeiro está de luto polo pasamento desta figura pública do noso deporte. No deportivo, e trala disputa o venres da ida dos Oitavos da CopadaCosta, a xornada 28 da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra deixaba precisamente ese derbi entre Malpica e Sofán, que deixaba trala vitoria local, a un Malpica na zona morna, e ao Sofán máis lonxe da Promoción. Ademais, o Soneira facíalle fraco favor á Esteirana caendo en Silleda, pero o cadro blaugrana segue sumando mesmo contra os de arriba. O Corme continúa a súa escalada e xa van 8 partidos sen perder, polos 6 do Baio, que vencía ao Sigüeiro. A Clínica Vértebra, coa fisioterapeuta Berta Reimúndez e a podóloga Alicia Novás, patrocina a 1ª Autonómica e espérate en Baio. Coñéceas en Facebook

Puebla - Esteirana (1-1)

  • ESTEIRANA: Beni, Code, Pablo, Dani, Rafa, Sui, Martín, Adri (Juan, min.75), Álex, Kike e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.35; 1-1, min.55: en propia meta tras centro de Kike.
Partido dominado polo cadro local na primeira metade pero ante unha Esteirana que estivo moi ben prantada e que non permitiu nin un só achegamento claro á meta de Beni, pero nunha falta lateral se adiantaban con algo de sorte. Na segunda xa empezou o cadro de Pedrosa a xogar mellor, mentres buscaban xogadas máis directas. Non pasaban 10 minutos ata que un centro de Kike era despexado ao fondo das mallas por un defensa local. Puido caer o partido do lado blaugrana, cun man a man de Álex, unha falta de Sui á que respostou o porteiro cun paradón, e un par de córners de Kike que se pasearon pola área sen atopar rematador. Un puntiño máis que seguro que serve para algo o cadro esteirán mantén esta boa xeira de resultados.

Silleda - Soneira (1-0)

  • SONEIRA: Anxo, Fabián, Brais Mouzo, Alberto, Fran de Urroa, De la Sierra, Quilmes, Javito, Nazo, Richi e Brais Triñanes.
  • Gol: 1-0, min.93.
Chegaba moi xusto o Soneira a Silleda, e fixo un bo partido a pesar da derrota. Dominaron durante os 90 minutos, entrando ben por banda, ante un Silleda que se decidíu a esperar case sen saír á contra. Brais Triñanes avisaba mandando ás rentes do pau aos 5 minutos. Nazo facía o propio 15 minutos despois e De la Sierra probaba dende fóra. O primeiro tiro, fóra, do cadro local, chegaba á media hora, e antes do descanso De la Sierra puido adiantar de novo aos de Manolito cunha volea que marchaba alto. Empezaba a segunda parte cunha xogada de Javi ao pau, mentres seguía entrando por banda e chegando á liña de fondo o cadro soneirán, pero se acerto no remate. Richi fallou só un gran de centro de Fran de Urroa. E cando o partido morría coas táboas iniciais, unha xogada por banda xa no desconto colleu despistado á defensa e subiu o gol da vitoria para un Silleda que nin o cría.

Corme - Agolada (2-1)

Alejandro no Corme-Agolada-Foto-Diego Lema
  • CORME: Javi, Joshua, Alejandro, Pandi, Dani; Diego (Samu, min.83), Sergio, Adolfo (Jose, min.63), Lucas; Juan Chans (Brais, min.85) e Alejo.
  • Goles: 1-0, min.4: Alejo; 1-1, min.16; 2-1, min.87: Alejo.
Alejo de novo clave no Corme-Agolada-Foto-Diego Lema Como anda Alejo. Xa o avisábamos hai mes e pico, pero cando o ariete cormelán está con gañas, é un vendabal. E así o demostrou, unha semana máis, ante o Agoilada, con dous goles, un ao comezo, e outro ao final, que valen 3 puntos para permitir aos seus respirar tranquilos xa dende a zona morna. Son 8 partidos sen perder dos de Lentejo despois dun final de ano e unha costa de xaneiro moi malos, pero a reacción vese no campo cada fin de semana cunha demostración de entrega e fútbol. Lucas no COrme-Agolada-Foto-Diego Lema

Baio - Sigüeiro (4-3)

  • BAIO: Manuel, Yago (Fachal, min.60), Porto, Norber, Mario, Martín, Brais, Bieito, Saleta (Ramón, min.73), Christian (Silvariño, min.84) e MC (Rubio, min.94).
  • Goles: 1-0, min.38: Christian pola escuadra; 1-1, min.47; 2-1, min.61: Fachal; 2-2, min.72; 2-3, min.80; 3-3, min.89: MC tras unha boa xogada con Bieito e Martín; 4-3, min.94: Brais.
  • Expulsión: Norber no minuto 65 provocando un penalti que parou Manuel.
Menudo partido o vivido no Pratas Reinoso, cun final agónico que deixou os puntos en casa. E todo despos dunha sosa primeira metade, sen apenas ocasións e só axitada polo golazo de Chistian preto do descanso. Cambiou o partido tralo descanso. O Sigüeiro saíu a por todas e pronto empatou cun Diego Arnejo, ex costeiro, que marcou dous dos goles dos santiagueses. Pero Fachal apareceu en escena e marcou nada máis saír. Tivo o Sigüeiro unha inmellorable ocasión tralo penalti e a expulsión de Norberto pero Manuel paraba a pena máxima. Queda ao partido náufrago, co Baio con 10, e o Sigüeiro buscando a vitoria, e era quen de darlle a volta ao marcador. E cando parecía que o Baio, cun home menos e con varias ocasións cas que puido sentenciar o cadro visitante, ía decaer, apareceu a reacción. Apareceu MC para empatar no minuto 90 e xa no 94, e dende fóra da área Brais Garrido marcaba un golazo para a ledicia da parroquia local. Aquí van os goles da man de Santi Soneira:

Malpica - Sofán (2-0)

  • MALPICA: Pombo; Pablo Díaz (Diego Alonso, min.36), Diego, Alemán, Rancaño, Baba, Fernando Varela, Cheo, Cololo (Esteban, min.90), Joel Pereiro e Martín Mara.
  • SOFÁN: Lerma; Sito, Óliver, (Diego Maneiro, min.46), Pablo Martínez, (Míchel, min.61), Félix, Ceide, Rubén, Luís Fernández (Eloy Boedo, min.46), Raúl, Bertín e Cristian Méndez, (Dourado, min.75).
  • Goles: 1-0, min.86: Cololo de volea dende a frontal tras un gran pase de Cheo; 2-0, min.89: Cololo de novo tras un pase de Cheo en profundidade.
11 do Sofan en Malpica-Foto-Luis Porto Dous goles de Cololo nos últimos 5 minutos serviron para facer xustiza e deixar os 3 puntos na casa. O cadro malpicán estivo mellor ao longo do partido ante unha SD que nunca atopou o seu xogo ante o forte vento. E amosou a súa mellor cara o Malpica tras 5 derrotas consecutivas, e xa con Tito Pedreira no banco, dispuxo de boas ocasións durante o primeiro tempo por medio de Cheo, Rancaño e Cololo. Na segunda tivo Joel Pereiro a máis clara cun remate que pediu mans dun defensa. Pero tamén o Sofán tiña boas ocasións pero Méndez e Eloy Boedo se atoparon cun gran Pombo. Cando partecía que o partido esmorecía coas táboas, apareceron Cheo, cunha precisión no pase excelente, e Cheo, fantástico na definición, da dar dous golpes e sumar os 3 puntos. Ninguén imaxinaba en Pedra Queimada que ía ser este o último partido de Pombo…

Novas relacionadas

Crónicas da 1ª

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios