Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Defenden as charlas informativas contra a mina nos centros de ensino

Defenden as charlas informativas contra a mina nos centros de ensino
As charlas informativas sucendese nos centros de ensino ou noutro lugares como este da Coruna-Foto- Suso Bermello

Hai un par de semanas a Plataforma “Mina Si” denunciará as charlas contrarias ao proxecto nos centros educativos. A resposta da organizadora Plataforma en Defensa de Corcoesto fíxose esperar pero chega en clave de defensa. O Colectivo rexeitan a carta enviada á Consellería de Educación “pola utilización dos colexios e institutos como espazo político en contra da mina de Corcoesto”, considerando que tales "críticas atentan á liberdade de cátedra do profesorado".

Afirman, que "na nota de prensa emitida con relación á carta de queixa non se achega dato algún sobre a falta de veracidade dos comentarios ou contidos que sexan extra-curriculares, só unha crítica encamiñada a solicitar algún tipo de censura á liberdade de ensino".

Compre recordar que nos obxectivos da ensinanza secundaria e o bacharelato recóllese a importancia de desenvolver no alumnado "o espírito crítico e de valoración da ciencia como fonte de coñecementos baseados en datos comprobados".

Consideran ademais que estes coñecementos serven para mellorar as capacidades en Ciencias da Natureza e Sociais, de Bioloxía e Xeoloxía, da Ciencia e o mundo contemporáneo e de Ciencias da Terra, como, por exemplo, en Ciencias do 1º curso da ESO: impacto ambiental da explotación dos minerais, e valorar os problemas aos que se enfronta a humanidade pola sobreexplotación dos recursos.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios