Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O muradán Domingo Guerra representa ao Consello de Contas no AuditMeeting

Domingo Guerra no Auditmeeting 2023
Domingo Guerra no Auditmeeting 2023
O muradán Domingo Guerra representa ao Consello de Contas no AuditMeeting

O pasado 1 de decembro, clausurouse en Madrid o 14º AuditMeeting, o congreso máis importante que organiza anualmente o Rexistro de Economistas Auditores de contas do Consejo General de Economistas de España.

En representación do Consello de Contas, o noso especialista en economía municipal, Domingo Guerra, impartiu unha conferencia sobre os traballos de ciberseguridade que está realizando nas catro deputacións provinciais, e que se estenderá, no próximo ano, aos tres concellos de máis de 100.000 habitantes de Galicia.

Unha das principais conclusións que se derivan da súa intervención é a necesidade de efectuar uns controis de seguridade informática básicos, esenciais, que permitan ás entidades locais mitigar os impactos derivados do cibercrime.

Nese sentido, destacou que esta materia, pola súa importancia, debería considerarse como un dos obxectivos prioritarios nas fiscalizacións que realicen as Institucións de control externo. Ataques aos concellos de Cerdedo-Cotobade, Cangas, Carballo, Monforte, Lugo ou á Deputación de Ourense, entre outros moitos exemplos, constitúen evidencias que corroboran a necesidade de preservar os sistemas de información fronte ás ciberameazas.

Durante a súa conferencia, referiuse ao Esquema Nacional de Seguridade que, como xa nos ten contado aquí, "O que perseguen os ciberdelincuentes que atacaron o Concello de Carballo é cobra... (quepasanacosta.gal) , persegue establecer unha protección adecuada dos sistemas de información e dos servizos prestados polas diferentes administración públicas a través de medios electrónicos.

Rematou a súa intervención destacando que grazas ao grupo de traballo de Ciberseguridade, do que forma parte, dentro de ReDigital-CGE, proporcionarase axuda para que os despachos profesionais de auditores de contas dispoñan de ferramentas e formación, para que se poidan minimizar os ciberincidentes.

Con estas actuacións, o Departamento Sectorial de Corporacións Locais do Consello de Contas, que dirixe Simón Rego, pretende dar a coñecer o contido e resultados dos traballos que se están efectuando, na actualidade, en materia de seguridade dos sistemas de información.

ARTIGOS DE DOMINGO GUERRA EN QPC

Comentarios