Quen descubríu a Virginia Wolf na Galería Mulleres de Muxía?


O nome de Virxinia Woolf figura entre os grandes renovadores da novela moderna. E hoxe, da man da Gaería Mulleres de Muxía, que nos leva percorrendo a historia en clave de muller, achéganos un pouco a esta figura case mística.
Introduciu na prosa novelística un estilo e unhas imaxes ata entón máis propios da poesía. Influída pola filosofía de Henri Bergson, experimentou con especial interese co tempo narrativo. Casou con Leonard Woolf con quen fundou en 1917 a editorial Hogarth Press.
Pioneira na reflexión sobre a condición da muller, escribiu ensaios que xiraban en torno a este tema, como “Un cuarto de seu”, que constitúe unha crítica a unha sociedade que daba pouca ou nula importancia aos dereitos dás mulleres, e onde relaciona a dignidade das mesmas coa esistencia dunha certa independencia e co feito de desenvolver un traballo remunerado. Foi considerado en Inglaterra o primeiro ensaio de teoría literaria feminista.
Nun dos accesos dunha enfermidade mental que padeceu ao longo da súa vida, o 28 de marzo de 1941, suicidouse no río Ouse./p>
Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar:
- Woolf, Virginia. UN CUARTO DE SEU.
- Woolf, Virginia. AS ONDAS.
Galería Mulleres de Muxía
- Setembro 2014: A Galería Mulleres homenaxea por setembro a Ana María Matute.
- Agosto 2014: A ceense María Canosa protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2014: A Galería Mulleres de Muxía recupera a vida da mestra Ernestina Otero.
- Xuño 2014: Unha diva do ballet para o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2014: A Galería Mulleres lembra a loita polos dereitos de Mary Shelley.
- Abril 2014: Pintura romana para seguir coñecendo mundo coa Galería Mulleres de Muxía.
- Marzo 2014: A Galería Mulleres celebra os seus 4 anos recuperando a historia nome a nome con Concha Blanco.
- Febreiro 2014: A escultura arxentina de Lola Mora protagoniza o febreiro da Galería Mulleres.
- Xaneiro 2014: A Galería Mulleres de Muxía arrinca 2014 co compromiso de Elena Poniatowska.
- Decembro 2013: A Galería Mulleres de Muxía achéganos ao mundo de Doris Lessing.
- Novembro 2013: A escultora francesa Camille Claudel chega á Costa a través da Galería Mulleres.
- Outubro 2013: Savia nova con Berta Dávila para o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2013: Un setembro heroico con María Soliña na Galería Mulleres de Muxía.
- Xullo 2013: Marta Dacosta, máis compromiso social para a Galería Mulleres.
- Xuño 2013: A escritora Marica Campo protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2013: Rebeca Baceiredo aporta pensamento á Galería Mulleres de Muxía.
- Abril 2013: A artista muxiá Eva Castiñeira na Galería Mulleres de abril.
- Marzo 2013: A Galería Mulleres de Muxía cumple 3 anos con Teresa Alvajar.
- Febreiro 2013: Fina Casalderrey. Unha académica da RAG para o febreiro da Galería Mulleres.
- Xaneiro 2013: Exeria: a primeira peregrina cristiá estrea o 2013 na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2012: Luz Pozo, poesía mariñá para a Galería Mulleres.
- Novembro 2012: Un baile con Carolina Otero dende a Galería Mulleres de Muxía.
- Outubro 2012: Anisia Miranda protagoniza o outubro da Galería Mulleres de Muxía.
- Setembro 2012: Chavela Vargas no inicio do novo curso na Galería Mulleres.
- Agosto 2012: Syra Alonso achéganos ás torturas da represión franquista dende a Galería Mulleres.
- Xullo 2012: A Galería Mulleres preséntanos á pedagoga Antía Cal.
- Xuño 2012: Remedios Varo, pintura surrealista para o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2012: Xela Arias: poesía e tradución para o maio da Galería Mulleres de Muxía.
- Abril 2012: A científica Angeles Alvariño protagoniza o abril da Galería Mulleres de Muxía.
- Marzo 2012: Aurora Marco protagoniza o mes de marzo da Galería Mulleres e se achega por Muxía.
- Febreiro 2012: O Concello de Muxía dedica o mes de febreiro da Galería Mulleres a María Reimóndez.
- Xaneiro 2012: A Galería Mulleres de Muxía inclínase ante Frida Calo.
- Decembro 2011: A Galería Mulleres lembra este mes de decembro á imprescibible Concepción Arenal.
- Novembro 2011: A Galería Mulleres recupera o compromiso de María Miramontes.
- Outubro 2011: A Galería Mulleres expón este outubro á escritora Teresa Moure.
- Agosto 2011: Luisa Villalta, na Galería Mulleres durante este mes de agosto.
- Xullo 2011: A galería Mulleres de xullo está dedicada á filósofa e profesora galega Mª Xosé Agra Romero.
- Xuño 2011: Simon de Beauvoír, unha pensadora no xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2011: María do Carme Kruckenberg, muller do maio na Galería Mulleres.
- Abril 2011: A Galería Mulleres viaxa ata Alemaña para coñecer á pintora alemá Käthe Kollwitz.
- Marzo 2011: A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía.
- Febreiro 2011: Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía.
- Xaneiro 2011: Xaneiro é o mes de Luz Darriba na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2010: A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
- Outubro 2010: Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2010: Coñecendo á actriz María Casares coa Galería Mulleres.
- Agosto 2010: A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2010: A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía.
- Xuño 2010: A escritora e pioneira feminista María Xosé Queizán protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2010: Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro.
- Abril 2010: A primeira muller membro da RAG protagoniza o mes de abril da “Galería Mulleres” de Muxía.
- Marzo 2010: María Lado estrea a Galería Mulleres do Concello de Muxía.
Fonte
- Concello de Muxía, da man de Viki Rivadulla