Martes. 30.04.2024
El tiempo

As plataformas achegan a información sobre a mina que non dan as administracións

As plataformas achegan a información sobre a mina que non dan as administracións
Charla de Serafin Gonzalez sobre a mina de Corcoesto en Carballo

Unha das peticións dos colectivos contrarios á mina de Corcoesto era a da información. E ante a pasividade das administracións, son as propias Plataformas veciñais as que están a desenvolver unha marea de charlas informativas. Unhas citas que están a traspasar as nosas fronteiras e chegan ata Ferrol ou Coruña pois son temas que afectan a todo o país.

E se ben non nos achega moita información, o que si fai o Grupo Popular é reincidir sobre o argumento principal a favor da mina: "Os postos de traballo". E volveu falar de cifras o deputado Aurelio Núñez, que repetiu unha vez máis que a mina de Corcoesto pode ser unha solución moi válida a curto e medio prazo para paliar o problema do paro na comarca de Bergantiños”. Núñez falou de 1.100 postos indirectos ademais dos 280 directos, unha cifra algo esaxerada para moitos.
O que tamén afirma, a pesar das críticas vertidas no seu día, é que "a declaración de impacto ambiental foi feita con todo rigor, tras a solicitude de informe a múltiples organismos, así como a colectivos ecoloxistas”. Unha aseveración que de seguro será rebatida por estes últimos.

Pero sobre todo, os colectivos queren informar á xente da zona. Así, o pasado martes tiña lugar en Coristanco unha sesión sobre o "impacto e as Consecuencias da Mina de Corcoesto", artellada pola Plataforma en Defensa de Corcoesto.

E hai nova sesión este venres 15 de marzo en Carballo. O Pazo da Cultura acolle, ás 20:00h, unha charla de Serafín González Prieto, Investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, entidade dende a que xa ten manifestado o seu rotundo rexeitamento ao proxecto mineiro.

Manifesto polo aproveitamento sustentable dos recursos xeolóxicos e contra a minaría contaminante

Todo isto, chega canda o novo manifesto creado entre ADEGA, a CIG, a FRUGA e ORGACCMM, organizacións integrantes da Alianza Rural Galega. 10 puntos claros polos que Galicia non quere proxectos mineiros a ceo aberto.

Pancarta contra a mina que loce en Laxe

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios