3ª Autonómica: O Cerqueda dá o salto e deixa dúas loitas abertas



Paso adiante do Cerqueda cara o título e o ascenso. Vencía, con algo de sorte esta vez, en Cee ao segundo clasificado. Un Ameixenda que queda, tras esta 29ª xornada (das 36) da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, moi tocado, e terá que pelexar pola segunda praza de ascenso directo, que parecía asegurada hai un mes, co Coristanco. E ollo con este Coristanco, que vén mangado, e só está un punto por debaixo.
Por detrás, a loita pola Promoción tamén está fermosa. Muxía, Lira, Corcubión e Nantón, nun pano de só 3 puntos, pelexarán por 3 prazas de Promoción. Un quedará fóra.
Ameixenda - Cerqueda (0-4)
- AMEIXENDA: Óscar, Jorge, Samuel, Mateo, David, Javichu, Álex, Momaño (Antón, min.70), Cristian, Andrés e Demetrio.
- CERQUEDA: Ángel, Javi Pazos, Dani, Atu, Sergio, Alberto Verdes, Jhonny (Pailos, min.20), Luchi (Uru, min.65), Darío, Jacobo (Juanjo, min.50) e Martín (Gesto, min.82).
- Goles: 0-1, min.15: Atu aproveita unha xogada a balón parado que a defensa non despexa; 0-2, min.47: Atu volve aproveitar unha xogada a balón parado que a defensa non despexa; 0-3, min.55: Darío de penalti sobre Martín; 0-4, min.90: Juanjo dende fóra da área.
- Expulsións: os ceenses David (min.60) e Álex (min.68).

Partido no cumio entre un Ameixenda que leva só unha vitoria nos últimos 5 partidos e un Cerqueda que segue impresionante. Pero tivo máis sorte do que sinala o marcador o cadro cerquedán e no seu peor partido acabou gañando por goleada. Protestou, e moito, o cadro ceense, a actuación arbitral que considera clave para o devir do partido.
O Ameixenda dominou o partido nuns 45 minutos iniciais moi bos. Xa no primeiro minuto chegaba unha ocasión clara dos locais, pero o punta ceense tropezaba. Na primeira falta a favor do Cerqueda, saca ben Alberto e tras unha mala saída do porteiro local Atu marca a portería baleira. Un Cerqueda gris esperou atras as embestidas dos locais, queda mandaron 3 balóns ao pau e varias veces a porta baleira fallaron. Álex e Mateo tiveron as máis claras para os ceenses pero o balón non quería entrar.
A segunda parte arrincou igual que a primeira, e no primeiro balón parado, un córner non é despexado pola defensa local e Atu volve marcar. Pediron un penalti aí os ceenses sobre Cristian, pero quedaba con 9 polas protestas e Darío e Juanjo pechaban o partido e deixan o camiño libre cara o título dos de Emilio Uzal.
Aquí vemos os goles do choque:
Ameixenda 0 - Cerqueda 4Goles : 2 Atu Garcia , Darío Iglesias Márquez e Juanjo Couto
Posted by Unión Deportiva Cerqueda on Domingo, 29 de Marzo de 2015
Laxe - Lira (2-3)
- LAXE: Anxo, Aarón, Bras, Suárez, Jacinto; Gora, Iván (Adrián), Santi, Borja, Sergio (Dani) e Djamel.
- LIRA: Peipo, Santi, Pardelo, Miky, Pelos, Pata, Estrella, Fran Perico, Germán, Manu e Oli. Tamén xogaron: Cibrán e Adrián Porto.
- Goles: 0-1, min.15: Oli; 1-1, min.43: Djamel; 1-2, min.50: Pata; 2-2, min.65: Adrián; 2-3, min.82: Manu.
- Expulsión: o local Suárez (min.76)
Partido de ida e volta, moi igualado, no que o Lira se tivo que poñer por diante ata en 3 ocasións para levar os puntos. Abría Oli o marcador e antes antes do pitido final da primeira parte empatou o Laxe por medio de Djamel.
A segunda parte empezou co Laxe facendo un control absoluto do balón pero nun rexeite era o Lira o que se volvía a meter por diante. Empatou dee novo o cadro laxense cunha magnifica xogada pola banda de Adrián, que finaliza cun fermoso disparo dende fóra da área pola escuadra. Estaban achuchando os locais pero a expulsión, protestada polos locais, de Suárez, matounos, e o Lira fixo o terceiro a 10 para o final por medio de Manu.
Corcubión - Coristanco (1-2)
- CORCUBIÓN: Sito, Trillo, Lema, Gabi, Javi, Germán, Mario, Gorka, Toja, Alán e Lourido. Tamén xogaron: Javi Floreal e Tito.
- CORISTANCO: Nacho, Rubén (Andrés, min.15), (Javi, min.70), Marcos, Joni, Iván, Pazos, Mallón (Moreno, min.85), Ivi, Héctor e Gonzalo.
- Goles: 0-1, min.10: Héctor de cabeza a un córner de Juan; 1-1. min.60: Lourido de chilena; 1-2, min.85: Juan de penalti cometido sobre Ivi.
- Expulsión: o adestrador visitante Da Silva.
Partido de moita tensión, con moito en xogo, e dous equipos en liñas claramente distintas. O Coristanco sumando a súa 4ª vitoria seguida e con 7 partidos sen perder, e un Corcubión que perderu 5 dos últimos 6 partidos.
O Corcubión saía mandón, xogando dende atrás ante un Coristanco que esperaba atrás e buscaba as contras. Nun córner se metía por diante o equipo de Da Silva, que mantiña o prantexamento, saíndo con varias contras de Ivi e Gonzalo que metían medo cadro local.
Pero na segunda o Corcubión estirou filas e pechou no seu campo aos visitantes. Nunha internada por banda, Lourido marca un golazo de chilena de película, tanto que daba ás aos locais, que seguían empurrando. Pero o Coristanco non deixaba de sacar contras e Ivi e Gonzalo saían sempre rozando o fóra de xogo, ante as protestas dos visitantes por tanta man arriba do colexiado. Noutra internada de Ivi o porteiro faría penalti e Juan transformaría o gol da vitoria que deixa ao Coristanco con claras opcións de ascenso directo.
Castrelo - Nantón (0-1)
- CASTRELO: Caamaño, Raúl, Berdoias, Quintáns, Marcos, Stiven, Diego, Cachi (Rafa), Roi (Lucho), Capote e Elvis (Víctor).
- NANTÓN: Ernesto; Dani Costa, Carlos, Félix, Diego, Fariña (Eloy, min.56), Fabio (Bardanca, min76), David Lareu, Luís, Martín e Iván.
- Gol: 0-1, min.64: Iván a pase de Luís.
Partido igualadísimo, ao que o Castrelo, que chegaba con ata 7 baixas, non era quen de combinar fronte a un Nantón buscando sempre a Luís. E converteuse nun partido de ida e volta sin posesión para ningún equipo, sendo un partido bastante malo, no que parecía que lle queimaba o balóns nos pés dos 22 xogadores.
Comenzou con ocasións para os dous equipos, con dúas claras para cada un, como as de Iván e Martín para os cabaneses ou as de Capote para os vimianceses, pero sen goles. O Nantón saía con intención de presionar pero sen demasiada intensidade.
Na segunda parte non había tantas chegadas, e ningún quería perder. Iván volvía marcar un par, Pero apareceu o de sempre, o gran Luís nunha xogada personal que pasa na area pequena para que Iván marque a porta baleira, que permitiu que o equipo visitante se pechase atrás e mantivese o resultado, que puido ter sido perfectamente un empate.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.28: O Coristanco pelexará o ascenso co Ameixenda.
- X.27: O Cerqueda cae tras 14 partidos e o Ameixenda recupera espazo.
- X.26: O Coristanco abre a pelexa polo ascenso directo.
- X.25: O Muxía métese, por fin, en postos de Promoción.
- X.24: 3ª Autonómica: A Mikaela e o Muxía case poden co Cerqueda mentres o Ameixenda adica a vitoria a Manolín.
- X.23: Vía libre para Cerqueda e Ameixenda.
- X.22: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- X.21: O Cerqueda vai sen freos.
- X.20: O Cerqueda pega de novo.
- X.19: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- X.18: O Cerqueda toma o relevo do Ameixena.
- X.17: A 3ª Autonomica comeza o ano con moitos goles e goleadas.
- X.16: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha.
- x.15: O Corcubión freou ao Ameixenda.
- X.14: O Ameixenda non ten parada.
- X.13: Todos xogan.
- X.12: 5 equipos á caza do Ameixenda.
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Zas non perdoa.
- 1ª Autonómica: Unha xornada de luto para esquecer.
- Preferente: 4 puntos contra os colistas.
- Análise e resultados dunha xornada futboleira de luto.
Primeiros títulos colleitados
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).