Xuvenís: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría
Volveu á normalidade o fútbol xuvenil con xornada completa trala disputa da segunda xornada das Ligas da Copa.
Liga Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5
Pero a atención céntrase na Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, con dous equipos destacados. Xa que a pesar de que o Cabana freaba ao Dumbría e só lle permitía sacar un empate no duelo de campións das fases regulares, o cadro dumbriés segue de líder, cunha Esteirana que batíu na mesa cunha goleada ante o Malpica que o coloca como gran favorito a acompañar ao equipo de Diego Lobelos e Óscar Leis no periplo por conseguir o ascenso á segunda máxima división da categoría xuvenil.
Esteirana - Malpica (6-0)
- ESTEIRANA: Marcos (Manu Trillo, 46), Manu Tobio, Borja (Sergio, min.57), Rafa, (Fabio, min.60), Alberte, Raúl, Pablo Rama, Josiño, Damián (David, 52), Adrián Abeijón (Alejandro, min.60) e Adrián García.
- MALPICA: Manuel; Víctor Novo, Chols, Jorge, Steven (Almeida, min.46), David, Pitís, Guille (Gabi, min.46), Brais, Eloy e Alberto (Plejo, min.71).
- Goles: 1-0, min.10: Adrián Abeijón; 2-0, min.20: Jorge en propia meta; 3-0, min.40: Adrián Abeijón; 4-0, min.44: Pablo Rama; 5-0, min.70: Pablo Rama; 6-0, min.75: Raúl.
- Lesións: os malpicáns Guille e Steven.
Golpe na mesa da Esteirana que se presenta no ecuador da Liguilla como favorito á Fase xunto co Dumbría. E foi superior a Esteirana a un Malpica algo mermado polas baixas. Dominou o control do balón e chegaban con perigo con homes que xa alternan co equipo da 1ª Autonómica. Pronto Adrián Abeijón abría o marcador, e ao fío do descanso o partido quedaba resolto cun claro 4-0.
Cabana - Dumbría (3-3)
- CABANA: Adrián, Aurelio, Raúl, Dani Mato, Laik, Diego Cacha, Iván Mato (Grille, min.75), Alberto (Pablo, min.55), Ferreiro, Redondo e Álex (Dani Reigía, min.55).
- DUMBRÍA: Couto, Roberto, Maikel, Cabana, Jano, Lucas, Yeray, Adrián, Marcote, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Martín, Oli e Charly.
- Goles: 1-0, min.5: Redondo; 1-1, min.32: Javi; 1-2, min.37: Pablo; 2-2, min.60: Diego Cacha; 2-3, min.75: Marcote; 3-3, min.90: Redondo.
- Expulsión: o delegado dumbriés Óscar Leis.
Arrincaba a tarde do sábado, no Campo Municipal As Redondas de Cabana, coa entrega de Campións da Liga Xuvenil Norte ao cadro de Fernando. I é que era este o duelo entre os dous campións das Ligas regulares, e non defraudou, deixando un partidazo con tensión e goles.
Adiantábase o Cabana tras uns grandes 20 minutos aproveitando un erro de entendemento entre a defensa e o porteiro dumbriés. Pero antes do descanso deulle a volta ao marcador o Dumbría aproveitando o baixón cabanés, con goles de Javi e Pablo, reclamando ademais un par de penaltis que o colexiado non viu.
Tralo descanso, o control do balón seguía do lado cabanés pero o Dumbría algo cabreado coa arbitraxe, chegaría o empate, pero Marcote, faltando 15 para o final facía un 2-3 que parecía poñer o partido de cara para os visitantes. Protestaron os dumbrieses de novo unha acción 5 minutos despois na que se procude unha falta dun xogador cabanés a un dumbriés e tras unha pequena tangana só o visitante recibe tarxeta.
E co Cabana metido arriba, á desesperada, no desconto colgando todo o que se podía, Redondo caza un balón solto e fai o empate.
Xallas StComba - Corme (1-0)
- XSC: Poke, Miki, Pérez (Parri), Adrián, Xoel (Facal), Fabián (Serfio), Torres, Tefi, Pablo Landeira (Carlos), Estiven e Iván Pastoriza.
- CORME: Alejo, Sergio, Alberto, Iván, Antoniño, Brais, Dani, Bruno, Juanma, Isma (Alex, min.77) e Isaac (Eloy, min.33).
- Gol: 1-0, min.23: Tefi cun golazo de chut espectacular pola escuadra.
Chegaba con moitas baixas para o sábado pola mañá o Corme, que mesmo chegou a Fontenla con Alejo, habitual dianteiro e aínda medio coxo pola súa operación de xeonllo, baixo paus. O XSC dominou o partido de principio a fin, pero non o sentenciou e a incertidume se palpou ata o final malia que o Corme xa non tiña forzas, contra o final e polas dimensións do campo, para facer dano.
Pronto marcou Tefin un gol de televisión, e depois dous tiros ao pau de Pablo e Iván, un remate de chilena de Iván e outra de Tefi caracoleando ao borde da área e chutando fóra puideron significar a puntiña, pero o marcador non se movería.
Liga da Copa de Ascenso. Grupo 1, xornada 2
Queda o Baio como único equipo con 6 puntos, trala súa difícil vitoria ante un Coristanco que sorprende ao ser o único que aínda non sumou, sendo por agora o equipo que quedaría fóra dos Oitavos da Copa. O Camariñas, con 4, e Baio e Castriz con 3, por detrás.
Ponteceso - Castriz (6-0)
- PONTECESO: Damián, Lorenzo (Javi), Dani Sánchez, Diego, Adrián, Alberto Recarey (Diego Pérez), Ismail, Yago (Ismael), Pablo, Cristian (Óscar) e Dani Valle.
- CASTRIZ: Víctor, Álex, Bolita, Curro, Pablo, Yordi, Andi (Runi, min.55), José Ángel (Marcos, min.60), Miguel, Manu e Balsa.
- Goles: Cristian (2) e Dani Valle (4).
Pouco que contar dun partido de clara superioridade local ante un Castriz que se cadra se lle atrangantou a sardiña... O equipo de Rubén Souto dominaba e os de Lorenzo e Evaristo cometeron varios erros individuais atrás que permitiron que os locais se adiantasen con facilidade no marcador.
Porteño - Camariñas (1-1)
- PORTEÑO: Brais, Dani, Bruno, Gonzalo, Manuel (José Manuel), Rodri, Álvaro (Antonio), Mario, Cristian (Matías), Maikel e Martín (Josiño).
- CAMARIÑAS: José Luís, Pose (Cantalejo, min.80), Martín, Mateo (Chuki, min.70), Ariel, Santi, Chico, Juan, Carlos (Dani, min.50), Javi e Jose (Sergi, min.50).
- Goles: 1-0, min.30: Mario de falta directa; 1-1, min.93: Santi.
Auténtico partido de derbi na Grixa. Marcou pronto o Porteño e se meteu algo atrás deixando o dominio ao Camariñas durante máis de unha hora. Puido empatar o Camariñas en varias ocasións, pero o mera da Ponte fixo grandes intervencións. E tamén puido chegar a sentenza á contra. Pero o gol non chegou ata o desconto.
Coristanco - Baio (0-1)
- CORISTANCO: Nacho, Iván (Javi, min.50), Navarro (Naya, min,15), Cristian, Varela, Rubén, Brandón, Joni, Joaquín, Bértoa (Abelenda, min.70) e Suárez.
- BAIO: Guillermo, Jose, Xoel, Efe, Pablo, Kevin, David, Pedro (Alfonso, min.70), Anxo, Santi Díaz e Cristian Pazos.
- Gol: 0-1, min.75: Santi Díaz de falta pola escuadra.
Non foi o partido máis vistoso da xornada, pero si que o Baio prantexou un ritmo intenso e creou algunha ocasión máis que os coristanqueses. Tras unha primeira igualada, con algunha chegada cun par de tiros de Santi Díaz á madeira (un pegaba na cruceta), arrincaba a segunda con moita calor. Foi o propio Santi Díaz o que decidía o choque cunha fermosa falta clavada na escuadra, e se ben David e Pedro en sendos mans a man puideron sentenciar, o marcador non se movería pero o Baio controlaba ben as chegadas do equipo de Da Silva na procura dun empate que nunca chegou.
Liga da Copa de Ascenso. Grupo 2, xornada 2
Muros e Mazaricos sorprenden nesta Copa vencendo os seus dous partidos e a equipos que fixeron mellor liga regular. O Cee arrincaba esta semana e vecía ao Fisterra, quedando agora mesmo o Muxía, cun partido menos, e o Lira, provisionalmente fóra da seguinte fase.
Outes - Mazaricos (1-2)
- OUTES: Yura, Brión (Fran, min., Rafa, Cutu, Simón, Babu, Adrián, Ibra (Xurxo, min.46), Veleiro, Pablo (Saúl, min.55) e Zeta (Samuel, min.46).
- MAZARICOS: Samuel, David, Marcos, Bieito, Turrión, José Ángel, Thiago, Bruno, Carreira, Álvaro e David.
- Goles: 1-0, min.20: José Ángel; 1-1, min.70: Veleiro; 1-2, min.85: David.
- Lesión: Adrián.
- Goles: 1-0, min.2: Felipe; 2-0, min.20: Rafa; 3-0, min.25: Picallo; 4-0, min.70: Picallo; 4-1, min.80: Jose; 4-2, min.85: Adri a pase de Jose.
- MUROS: Toni, Juanche, Veloso, Diego, Ramón, Miguel, Santi, Piki, Adri, Hugo e Samu. Tamén xogaron: Edu, Anxo, Macheda, Mancebo e Sergio.
- Goles: 0-1, min.15: Juanche de penalti; 0-2, min.25: Piki marca un golazo dende fóra da área; 0-3, min.35: Veloso nun córner; 1-3, min.55: Miki; 1-4, min.60: Edu a pase de Veloso dende fóra da área; 1-5, min.65: Samu; 1-6, min.75: Miguel; 1-7, min.80: Samu; 1-8, min.85: Ramón tras un gran pase de Macheda ás costas da defensa.
- X.4: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana.
- X.3: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa.
- X.2: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo.
- David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
- X.22: Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase.
- X.21: Xuvenís: Todo listo no Sur e moito por decidir no Norte para a última xornada.
- X.20: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas.
- X.19: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- X.18: As cousas claras, pero non tanto.
- X.17: Descanso de Nadal para algúns.
- X.16: Escapan os 3 de arriba.
- X.15: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo.
- X.14: O Cabana freou ao Malpica.
- X.13: Xornada cos despachos como protagonistas.
- X.12: Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur.
- X.11: Dúas loitas abertas no ecuador.
- X.10: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte.
- X.9: Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- X.8: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- X.7: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- X.6: Facéndose ao cambio xeracional.
- X.5: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder.
- X.4: Nin a calor pode con eles.
- X.3: Con medo a descolgarse.
- X.2: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
- O Dumbría pranta cara ao Depor no Mundo do Fútbol.
- 3ª Autonómica: Dura pelexa pola Promoción.
- 2ª Autonómica: Toca sufrir.
- 1ª Autonómica: O Baio afunde un pouco máis ao Ponteceso.
- Preferente: O Dumbría aspira a todo.
- Análise e 80 resultados da primeira xornada con sol do 2014.
- Rial Clube de Fútbol: Un equipo con sabor costeiro.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o UC Cee e Blog do Malpica de Luís Porto.
Sen porteiro chegaban os de Manu Roque, e Yura, que tamén xogaría cos maiores o sábado, se metíu baixo paus. Puido golear o Outes, pero fallaron unha marea de ocasións, como os dous paus de Paulo nunha mesma xogada na que o terceiro rexeite mandouno fóra.
O Mazaricos adiantábase por medio de José Ángel e gardou a roupa. E tralo empate do Outes xa na segunda, fixo un par de estiradas que remataron co gol da vitoria obra de David.
Cee - Fisterra (4-2)
Chegou o Cee con gañas ao seu primeiro partido de copa ante un Fisterra que viña de empatar con Outes. E foron os locais quen levaron a iniciativa desde o principio, tendo a posesión do balón e creando peligro por ambas bandas. I e que tanto Picallo como Andrés levaron as ocasións máis claras para os locais, axudados polas entradas desde atras de Alex ou Rafa, e con isto chegouse ao 3-0 ao descanso.
Na segunda parte, baixo un agobiante calor, chegaría o cuarto ceense e a sua relaxacion, que fixo que o Fisterra anotase ao final dous tantos con un gran Jose, autor do primeiro e asistente no segundo.
Lira - Muros (1-8)
Resultado demasiado abultado para o visto no terreo de xogo de Lombáns, xa que a eficacia muradá na primeira metade, sen ser moi superior, deixou un marcador definitivo que fixo que os lirachos baixasen os brazos e se deixasen levar na segunda.
De feito, o Lira comezaba mandando e avisando, pero o cadete Toni estivo moi seguro na portería muradá. Juanche abría o marcador e o choque se ía igualando, aínda co Lira dominando, pero segunda chegada e segundo tanto do Muros, desta volta, da man de Piki cun golazo dende fóra da área. E sen tempo, o terceiro chegaría de Veloso tras un córner botado por Adri.
Así se chegaría ao descanso, e xa na segunda o Lira metía o 1-3, pero pouco despois o Muros facía o cuarto e o Lira baixaba os brazos para que o cadro muradán completase a goleada.