Nando Lestón creará, co alumnado, un mural de librepensadores para conmemorar os 50 anos de vida do CEIP de Carnota

Nando Lestón no CEIP de Carnota

Visita escpeial a que tivo esta semana no CEIP de Carnota. O artista, e veciño, Nando Lestón, estivo compartindo ideas co alumnado para realizar o mural colaborativo co alumnado para conmemorar os 50 anos de vida do centro.

O artista compartiu tempo e palabra co alumnado. Explicou o proceso creativo: como nace unha idea, como vai medrando entre símbolos, emocións e pequenas casualidades —un libro, unha película, un recordo— ata tomar forma. O alumnado aportou o seu talento creativo, sumando ideas e emocións que formarán parte desta obra común.

"A idea nace do libro da "Lingua das Bolboretas", que busca aportar coñecemento crítico e crear librepensadores. A metáfora sitúa o colexio como crisálida, onde se están desenvolvendo as nenas e nenos que se convertirán en bolboretas, símbolo da liberdade. Trata de situar o colexio como elemento transformador e o mestre/a como guía", explícanos o propio Lestón.

A inauguración do mural, que recollerá un enorme cardume de bolboretas, será no festival de fin de curso: unha homenaxe mural para conmemorar medio século de escola viva.

Ruralismo 3.0 de Nodar-Lestón

 

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

NOVAS RELACIONADAS

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC