Iván Rojo: "Non estou ao meu mellor nivel, pero vouno suplindo con goles"

Falamos con Iván Rojo, dianteiro da UD Cerqueda, unha dos fichaxes máis sonadas no inicio desta Liga da Costa. Ademais de xogador desempeña a labor de adestrador na base en Razo e Cerqueda, e danos as súas impresións de como ve esas categorías e a dificultade que está sufrindo nos séniors da UD para sacar os partidos adiante.
Fálanos en clave de goles, pois con 18 goles é o 2º máximo goleador (empatado co pontecesán Xuco), a 7 do pichichi Alejo.
E fálanos en clave de canteira, pois o seu Cerqueda Cadete está en plena loita polo título ante clubs que tanto coidan a base como Xallas, Cabana ou Sofán.
- Este ano como compaxinas o ser adestrador de base e xogador do Cerqueda?
Pois sacando tempo de onde podo para preparar entrenos e partidos, a vez que entrenar e xogar eu, pero polo resto xenial. A maiores bótolle unha man a Míchel, o adestrador dos sénior con algunha tarefa nos entrenos.
- Como valoras a categoría base do Razo, tan rodeado de grandes equipos?
O Razo somos un club humilde, unha familia, na que sen o traballo dos pais e Xulián nada sería posible, xa que non dispón de directiva. Os nenos compiten e melloran a pasos axigantados. Agora empezamos un proxecto de categoria biberón e prebenxamín.
- Tamén adestras os cadetes do Cerqueda. Que tal a experiencia?
A experiencia cos cadetes está a ser moi gratificante, xa que me está a servir para seguir crecendo e formándome como adestrador. Xa debutou algún cadete cos maiores, e compartir campo con eles foi unha alegría. Esperemos que poida debutar algún máis.
- Do que vai de Liga, só tres derrotas, a máis dolorosa contra o Sofán?
Foron as 3 igual de dolorosas, pero a máis abultada a de Sofán, simplemente un mal día.
- Este ano a liga Cadete está moi apretada, 4 equipos para só un título. Como afrontades a recta final?
Nós afrontamos a recta final con moitas gañas. Queda moito traballo por diante, xa que non está nada decidido, temos que facer os nosos puntos, e esperar que pinchen os demais.
- Que cualidades ten este equipo de Iván Rojo?
É un equipo ao que lle gusta ter o balón, atrevido, e con “desparpajo”.
- Todo ben que andan os cadetes, e os séniors tempada de decepción non?
A tempada dos sénior está sendo moi irregular, capaces de ser o único equipo en gañar en Corme, e ao mesmo tempo de que nos empaten partidos que tiñamos dominados.
- Os obxectivos iniciais serían estar na zona alta?
Desde o club non se puxo nunca ese obxectivo, si que desde fóra nos vían entre os que podían estar arriba.
- Tantos xogadores que viñeron e marcharon este ano, fai complicado poñer unha idea de xogo en bloque?
É unha tempada complicada, moitos cambios na plantilla, pero o bloque segue estando. O que fai difícil é a corta plantilla que somos.
- Como veñen apretando os da abaixo, temedes incluso os posibles arrastres?
Temos que gañar un par de partidos e penso que non deberíamos ter problemas, pero a estas alturas todos os equipos apretan.
- Persoalmente, como ves a túa tempada que estás na loita polo pichichi?
Costoume adaptarme ao xogo do equipo, e non estou no meu mellor nivel, pero vouno suplindo con goles, a pesar de non ser dianteiro.
- Hai un sector dos afeccionados que parece que che esixen máis, cres que é normal?
É un tema que non me gusta. Elixín Cerqueda para disfrutar do fútbol e poder compaxinalo co fútbol base, se eu mismo me quixera esixir máis, sería o primeiro en facelo, ae o mellor non estaría aquí. Son un máis.
- Para rematar, na Copa tócavos esperar o rival que saia do Cabana - Sofán, tes gañas de xogar contra o teu ex equipo ou dache igual?
O ano pasado xa me enfrontei o Sofán na Copa e tivemos a sorte de gañar, pero primeiro téñenlle que gañar ao Cabana. Pero si que sempre é bonito enfrortarte, despois de 5 anos alí, e todo o que significou Sofán como futbolista para min.
Entrevistas #Futfem
- Saskia, xogadora do Bergan: "Ano de aprendizaxe onde hai que pelexar por un posto contra xogadoras máis veteranas.”.
- Alba Trillo, xogadora do UC Cee: “Xogar a fase de ascenso no primeiro ano estaría moi, moi ben!”.
- Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”.
Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”.
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- José Manuel, adestrador do Cabana: "Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí”.
- María López Souto, presi do Laxe: "A SD Laxe, por historia, ten merecido xogar na Liga da Costa”.
- Duda: "En ningún momento baixaremos a garda, sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto vale ouro”.
- Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar”.
- Dido e Adrián Parga analizan o crucial derbi de parroquias.
- Curro: “Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, e leva o seu tempo"
- Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense”.
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.