José Manuel, adestrador do Cabana: "Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí"

O que está facendo o Cabana neste segundo treito da competición é tremendo. Na xornada 16 caía 6-0 ante a Esteirana, e sumaba só 7 puntos, en postos de descenso. Dende esa leva 8 xornadas sen perder (5 vitorias e 3 empates) que o sitúan 13º, empatado xa co Lira, e pelexando por evitar posibles arrastres.
Falabamos hai pouco con Duda, pero hoxe queremos pararmos a falar con José Manuel, o adestrador, da casa, proba de que na maioría dos casos, a confianza dá resultados.
Comenta como ve a Liga da Costa e como están de ánimos os seus xogadores.
- QPC: 8 xornadas sen perder. Moi boa serie para saír do perigo, non?
Si, boa e moi necesaria porque a nosa situación era moi complicada e necesitábamos puntos e seguimos necesitamdo porque aínda non está nada feito.
- QPC: Por que vos costou tanto o inicio de competición?
Eu creo que os resultados non estaban sendo moi xustos co que facíamos no campo e o cambio de categoría tamén se notou.
- QPC: Es un home de casa, cando as cousas non saían, pensaches na dimisión ou en que te puidesen cesar?
Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí. Pero o Cabana non soe cambiar, ao contrario, dá moita confianza. En canto á posibilidade de dimitir sempre está aí pero cando ves que os xogadores seguen entrenando e pelexando nos partidos dache moitos ánimos.
- QPC: Cal é a clave do rexurdir deste Cabana?
A fe que mantiveron todos os membros do equipo cando todo ía mal e o bo ambiente que se mantivo sempre.
- QPC: Fai unhas semanas entrevistamos a Duda e dicía que o equipo non se ía relaxar. Como valoras o esforzo do equipo?
O traballo e esforzo de todos e cada un dos xogadores está sendo exemplar, tanto se xogan como se están no banco ou na grada.
- QPC: O Zas case xa descendido; o Buño intentará unha última heroicidade. Ves tanta diferencia na liga para que a falta de 6 xornadas estean case adxudicadas as prazas de descenso?
Os resultados ás veces non son reflexo de cada equipo. Eu non creo que haxa tanta diferencia como di a taboa.
- QPC: Todo o contrario na zona alta, que equipo cres que pode sair campión?
Calquera dos tres primeiros pode gañar a liga, vai depender de pequenos detalles e do que menos erros cometa.
- QPC: Como adestrador, ves a clasificación da Liga da Costa, e sorpréndeche algunha posición dalgún equipo?
Se cadra o que máis choca sexa a sitúacion do Baíñas, que partía como un equipo con aspiracións máis altas pero tivo moitos contratempos con lesións e sancións e unha vez que entras en rachas negativas costa saír.
- QPC: Na Copa da Costa, vaia regalo de previa, todo un Sofán. Despois do éxito da tempada pasada, como afrontades esta competición?
Só penso na liga. A Copa queda moi lonxe.
- QPC: O teu futuro seguirá ligado aos renovados banquillo de As Redondas?
A resposta anterior vale pa está, só penso nesta liga e saír dos postos quentes.
Entrevistas #Futfem
- Saskia, xogadora do Bergan: "Ano de aprendizaxe onde hai que pelexar por un posto contra xogadoras máis veteranas.”.
- Alba Trillo, xogadora do UC Cee: “Xogar a fase de ascenso no primeiro ano estaría moi, moi ben!”.
- Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”.
Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”.
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- María López Souto, presi do Laxe: "A SD Laxe, por historia, ten merecido xogar na Liga da Costa”.
- Duda: "En ningún momento baixaremos a garda, sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto vale ouro”.
- Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar”.
- Dido e Adrián Parga analizan o crucial derbi de parroquias.
- Curro: “Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, e leva o seu tempo"
- Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense”.
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.