Miguel A. Domínguez Formoso: “Espero que a creación das seleccións comarcais de fútbol base faga que os rapaces comecen a despuntar”

Saeu novo de Lariño a vivir a Vigo coa famila, pero si chegou a competir en futbito xogaba. En Vigo fixo carreira en varios equipos de 3ª e mesmo logrou o ascenso co Coruxo a 2ªB. Retirouse de xogador no Coruxo e pasou a formar parte do corpo técnico, facendo labores de secretario tecnico e 2° adestrador. Actualmente esta de 2° Adestrador do Arousa, tamén con Rafa Saez. Polo camiño tamén adestrou ao Alertanavia da Preferente Sur.
Hoxe queremos falar con el para ver como se ve dende fóra, pero coñecendo de primeira man, o Fútbol da Costa, e tamén o auxe ciclista na Costa da Morte, pois é un gran amante das dúas rodas.
- QPC: Cóntanos como foi a túa carreira como futbolista? Chegaches a xogar no Fútbol da Costa antes de “emigrar”?
Non tiven a sorte de poder facelo. Marchei moi novo, acababa de cumplir o 15 anos (1987). En ese ano o SDC Lariño xa desaparecera, e as únicas posibilidades de xogar era a nivel escolar ou algún partido organizado entre parroquias.
Cando cheguei a Vigo tiven a posibilidade de fichar na SD Chapela. Alí fixen toda etapa xuvenil que alternei co primeiro equipo, ata cumplir o servicio militar. Foi a a partir de aí cando tiven a sorte de disfrutar do fútbol dunha maneira semiprofesional. Fichoume o Gran Peña onde estiven 5 tempadas. Porriño Industrial, Ponte Ourense, Rápido de Bouzas, Cd Grove e Coruxo FC onde xoguei os últimos 3 años, ata que despois de 14 tempadas en 3ª División me retirei, foron os equipos onde puiden facer a miña carreira deportiva como xogador.
- QPC: Como chegaches a ser adestrador? Algunha persoa en concreto foi clave?
O rematar a miña última tempada como xogador, o club me deu a posibilidade de seguir vinculado ao fútbol como segundo adestrador do primeiro equipo. Durante a etapa coma xogador xa estivera adestrando categorías de base, era algo que me gustaba moito.
- QPC: é o Coruxo o equipo da túa vida?? E que significou para ti traballar man a man con Rafa Sáez?
O Coruxo FC, xunto co Gran Peña CF, que foi o equipo no que debutei en 3ª División, pódese dicir que foron os equipos que máis me marcaron, sin olvidarme do gran trato recibido en todos os que estiven.
Non vou agora a descubrir a figura de Rafa como adestrador, porque a súa traxectoria e bo facer e ben coñecido por todos. Agora, ter a gran sorte de poder compartir o día a día con el non deixa de ser unha constante aprendizaxe, un master gratuíto, non só polos seus coñecementos futbolísticos, que son enormes, senón tamén pola súa infinita calidade humana.

Rafa Sáez e Miguel Angel Domínguez Formoso na súa etapa no Coruxo
- QPC: Como é o fútbol semi profesional?
As categorías de 2ªB e 3ª División, que son as que podemos darlle ese calificativo de semi profesionais, son un fútbol que precisa da máxima dedicación e onde as compensacións económicas son máis modestas, o que implica que na maioría dos casos se teña que compaxinar con outras actividades, incluindo o traballo.
- QPC: Esta ano estás no Arousa, outro histórico do fútbol galego. Que tal está a ser a tempada?
Pois ata o de agora a tempada estaba a resultar satisfactoria, estábamos a cumplir cos obxetivos marcados pero agora temos outras prioridades que pouco teñen que ver co fútbol. Que todo remate da mellor maneira para todos e despois xa teremos tempo de facer valoracións.
- QPC: Que recordos tes da Costa da Morte e do Fútbol da Costa?
Son de esa terra, aí vive a miña nai, e sempre que podo a visito. Poucos lugares máis fermosos que a nosa terra se poden visitar.
Do Fútbol da Costa todo o que recordo son os partidos do SCD Lariño, tanto en Lombáns coma no Faro. Partidos de moita rivalidade, con xogadores do pobo e da contorna.
- QPC: Lembras aquel partido solidario do Nadal de 2014 na que viñestes co Coruxo a xogar ante a Selección da Costa? Que che pareceu aquelo?
Todas as iniciativas con fins solidarios temos que aplaudilas e se temos a posibilidade, ser partícipe delas. Ademais diso, se achegan a Costa equipos representativos da comunidade pois acaban por realzar máis o evento.
- QPC: A día de hoxe, fas seguemento do Fútbol costeiro? Que opinión te merece?
Intento seguir todo o fútbol en xeral, e o da Costa non ía ser menos, ademais teño amigos traballando nese fútbol e me sinto moi ledo polo traballo que están a desenvolver.
Tanto a creación das seleccións comarcais de fútbol base da Costa, coma a disputa de varias fases de competicións, penso que está a axudar a dar visibilidade o fútbol da comarca e os seus rapaces.
- QPC: Fálase algo do Fútbol a Costa en Vigo e arredores?
A verdade é que pouco. A nivel da 3ª Galega falamos, por razón obvias do Bergantiños CF, que é clube máis representativo da comarca.
- QPC: Por que cres non temos un equipo costeiro en 3ª División? (pendentes estamos dese soño do Fisterra..)
Non é doado. Penso que se necesita dunha inversión económica importante se se quere acadar en pouco tempo, ou de moito traballo de base se se fai a longo prazo. Os equipos da Costa, por cuestión xeográficas sempre van a ter máis dificultades para achegar xogadores a os seus planteis.
- QPC: Por que cres que non chegan xogadores da Costa ao fútbol semi profesional?
Bueno, algúns van chegando, moitos menos dos deseados. Espero que, como comentaba anteriormente, o feito de ter seleccións comarcais de fútbol base, faga que eses rapaces que escomenzan a despuntar, teñan pronto un sitio no fútbol da 3ª e máis arriba por suposto. Ademais temos na zona un gran adestrador como é Miguel Figueira.

- QPC: Por outra banda, contounos un paxariño que es moi afeccionado ao ciclismo… Tes subido o Alto do ézaro no Gran Fondo?
Ata o de agora non me atrevín a facelo, aínda que teño que recoñecer que me faría ilusión. Fai uns meses puiden dar uns pedales pola zona e a verdade é que se non este ano, que está por ver, o seguinte seguro.
- QPC: Que che parece a potenciación turística da nosa comarca a través dun deporte coma este?
Todo o que sexa promocionar e dar visibilidade a nosa comarca, benvido sexa. Temos moito que amosar a quen nos visite, escomenzando pola amabilidade e cercanía das nosas xentes e rematando polo potencial turístico e gastronómico da nosa bisbarra.
Entrevistas #Futfem
- José ángel e Graci, do Mazaricos Fem.: “A aprendizaxe foi brutal xa que melloraron a un ritmo tremendo”.
- Saskia, xogadora do Bergan: "Ano de aprendizaxe onde hai que pelexar por un posto contra xogadoras máis veteranas.”.
- Alba Trillo, xogadora do UC Cee: “Xogar a fase de ascenso no primeiro ano estaría moi, moi ben!”.
- Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”.
Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”.
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- David González, adestrador do Xallas: “Firmo ser o equipo máis goleado e gañar os partidos 4-3”
- Iván Rojo: "Non estou ao meu mellor nivel, pero vouno suplindo con goles”.
- José Manuel, adestrador do Cabana: "Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí”.
- María López Souto, presi do Laxe: "A SD Laxe, por historia, ten merecido xogar na Liga da Costa”.
- Duda: "En ningún momento baixaremos a garda, sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto vale ouro”.
- Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar”.
- Dido e Adrián Parga analizan o crucial derbi de parroquias.
- Curro: “Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, e leva o seu tempo"
- Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense”.
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.