Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Fútbol da Costa

1ª Galicia: MC deixa a súa pegada na categoría [vídeo]

Despediuse da categoría o Baio, e tamén MC, unha vez confirmada o seu descenso da semana pasada. Pero o dianteiro baiés quixo facelo ao grande, nun partido que ademais define moi ben o curso do cadro baiés. O equipo de Félix Raposo, cheo de rapaces moi novos e moitos da vila zaseira, foi capaz do mellor, de competir cos mellores, pero tamén de desconectarse e desaparecer dos encontros. O choque ante o Calo foi así. Empezou desaparecido e en 25 minutos ía 3-0 abaixo. MC recurtaba pero o Calo marcaba o cuarto antes do descanso. Comezaba segunda metade e o Calo se colocaba 5-1, pero MC aparecía para marcar 4 goles máis, completando un póker en apenas media hora que fai historia.
Especrtacular o tanto dende o círculo central que podemos ver no vídeo do partido realizado por Santi Soneira.

MC nun parttido do CD Baio-Foto-LuisGonzalez
MC nun partido do CD Baio-Foto-Luis González

Polo demais, sen nada en xogo, o Dumbría vencía na casa pola mínima, cun gol de Fabio, ao Bertamirtáns, quedando na Liga na 7ª praza.

Na 8ª remata o Fisterra, despois de despedir o curso con bo sabor de boca tras varias semanas negativas. Os de Lobelos golearon a Lobelos, cun triplete de Diego Estévez (hai nova esta semana), e de Makaay.

A Esteirana pecha a temporada na 13ª praza, tras caer na Pobra, 2º clasificado tralo poderoso Negreira, que por fin certificou o seu favoritismo e xa é novo equipo da Preferente.

Ademais, o San Lorenzo, tras dous históricos meses do comezo de competición nos que estivo entre os 2-3 primeiros, remata o curso na última praza que non provoca descenso tras empatar 2-2 co Praíña. Os dous tantos, de Juanjo, que disputaba con Estévez o pichichi costeiro..

 

 

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

1ª Galicia: MC deixa a súa pegada na categoría [vídeo]