Corcoesto convertirase no epicentro do gran cinto de ouro galego

Trala multitudinaria marcha contra a megaminaría salvaxe deste pasado domingo, seguen saíndo á luz os verdadeiros proxectos da multinacional transnacional Edgewater. Hoxe, cando os compañeiros de GC publican os contactos da empresa mineira coa Xunta, é ADEGA a que denuncia que a propia empresa recoñece que o seu interese non se ciñe só a Corcoesto, se non que ten intención de acaparar todos os dereitos mineiros (nomeadamante de ouro) ubicados preferentemente no cinto aurífero Malpica-Tui.

Así o recolle a documentación da solicitude do permiso de investigación de "Julia-2" (Cabana, Ponteceso e Coristanco) da propia empresa, que recollería material por toda Galicia (varios montes Zas e Santa Comba forman parte do proxecto) para tratalos na megaplanta de cianuración de Corcoesto.

Deste xeito, entre permisos de investigación e explotación, a empresa canadiana pretende acaparar 18 concesións mineiras de ouro en Galiza, principalnente nas comarcas de Bergantiños, Sta. Comba-Zas e Ferrolterra (no cinto aurífero) e Os Ancares.

Un megaproxecti rexeitada por toda a oposición, que creará unha ferida irremediable.

Para máis información e asinar a petición

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

  • ADEGA.