Corcoesto une a acción contra a minaría de Galicia

Doble cita da loita antimineira tiveron lugar estes días en Galicia. Os membros da Plataforma Contramínate realizaron unha xuntanza o pasado sábado en Laxe para decidir as vindeiras mobilizacións a nivel comarcal. Mentres, a nivel galego, ContraMINAcción convoca unha grande manifestación o 2 de xuño para frear a minaría salvaxe promovida pola Xunta.
Accións na comarca

Cedeu o Concello de Laxe o seu Salón de Plenos para a realización da Asemblea da Plataforma Contramínate. Unha ducia de representantes estableceron as liñas para as vindeiras datas, propoñendo ademais manter tres reunión mensuais coa orde do día habitual e unha para informar e recibir á xente nova interesada polo tema.
Se ben a constitución dunha asociación e a creación da páxina web queda posposta, no que si avanzaron foi na mellora e optimización da estrutura das comisións de traballo, quedando así: comisión de deseño, comisión de prensa e comunicación, comisión científica, comisión Internet e correos internos e una nova comisión, a de acción inmediata.
Tamén estableceron as vindeiras propostas informativas e reivindicativas. Así, en canto as charlas, concretaron a do día 20 coa federación de empresarios en Baio, a do 22 de maio para os veciños do Rosales en Coruña, que imos publicitar desde o facebook. A outra charla é o 27 de maio en Baio as 20h30 no Auditorio. Queda pendente de confirmación a do luns 10 de xuño no local Alexandre Bóveda de Coruña, a petición do BNG. Na charla prevista para a cofradía de pescadores de Laxe, hai pendente de fixar o día e a hora.
Ademais haberá tamén unha ruta de sendeirismo para o vindeiro día 26, o mesmo día que a marcha nocturna do Colectivo Corcoesto Si, Mina Si, un concerto solidario para o 31 de maio, un festival multicultural, e a convocatoria para a masiva manifestación do 2 de xuño.

Manifestación de ContraMINAcción

E abrindo o ámbito a toda Galicia, a plataforma ContraMINAcción convoca unha grande manifestación o 2 de xuño para frear a "minaría salvaxe promovida pola Xunta". Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción1 ofreceron unha rolda de prensa a pasada semana para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda.
O primeiro en falar foi Xoán Doldán, profesor da USC e presidente da Asociación de Economía Ecolóxica de España, que participou como representante de Véspera de Nada. Doldán advertiu que os proxectos que ContraMINAcción denuncia non afectan só a algunhas parroquias e comarcas, senón que supoñen “un desembarco masivo de empresas transnacionais mineiras, co apoio activo do Goberno Galego, para transformar radicalmente o noso territorio e convertelo nunha mina a ceo aberto”. Tamén advertiu o profesor da USC que se está a promover unha “economía da miseria”.
Iñaki Varela, da organización ecoloxista Verdegaia, denunciou que, tanto a Xunta como o Goberno do Estado, introduciron cambios lexislativos nos últimos tempos dirixidos a quitar todo tipo de traba á explotación da terra como fornecedora de recursos para empresas privadas.
Na mesma liña abondou a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, que comparou este modelo “depredador do noso medio rural e do noso futuro” coa explotación colonial que sufriron no pasado América Latina e África.
Finalmente, falaron representantes de colectivos que se opoñen aos proxectos mineiros de extracción de feldespato na Limia e de ouro en Corcoesto. Pola Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños falou Roi Veres, que chamou a atención sobre a división e enfrontamento veciñal que está a provocar este proxecto. Veres denunciou as ameazas e mentiras que están a padecer os propietarios das terras afectadas por parte da empresa, que pretende mercar os terreos a prezo de saldo.
Lola Sanspapiers, de Contramínate Laxe, afondou sobre o impacto medioambiental que tería este proxecto, que supón unha seria ameaza para os recursos pesqueiros, percebeiros e marisqueiros, do mesmo xeito que para os acuíferos, o medio ambiente e a saúde das persoas que viven no entorno.
Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Artigos relacionados
- O prezo do ouro, un artigo de María Pilar García Negro.
- Miñanco tampouco quere mina de ouro.
- A política e o ouro, por Xurxo Borrazás.
- Hermanager Humor: Hermanager Humor: Tractores contra o ouro.
- Hermanager Humor: De minas e corrupción.
- Xabier García: Esperta do teu sono Fogar de Breogán.
- Xabier Gacía: Contramínate.
- “Cianuro e minería: Moitas medias verdades interesadas”. Un artigo da Química Carmen Varela.
Novas relacionadas
- 13-05-13: Corcoesto Si organiza unha marcha nocturna mentres os contrarios denuncian acosos a propietarios.
- 06-05-13: A mina de ouro de Corcoesto chega á Defensora del Pueblo.
- 02-05-13: O BNG pide unha comparecencia pública de Egdewater.
- 25-04-13: A mina de ouro estivo presente dentro e fóra do Parlamento.
- 22-04-13: Defenden as charlas informativas contra a mina nos centros de ensino.
- 15-04-13: Bergantiños sae á rúa.
- 08-04-13: Os tractores tamén din non á mina.
- 05-04-13: A Plataforma “Mina Si” denunciará as charlas contrarias ao proxecto nos centros educativos.
- 02-04-13: En marcha a tractorada e a manifestación contra a mina de ouro.
- 25-03-13: Unha tractorada e unha nova conferencia contra a mina.
- 22-03-13: As plataformas achegan a información sobre a mina que non dan as administracións.
- 11-03-13: Carta aberta ao alcalde de Coristanco sobre a mina de ouro.
- 06-03-12: A Xunta esixe un aval pero non a publicación da calidade das augas á Mina de Corcoesto.
- 24-02-13: Unha concentración a favor da mina e dos postos de traballo.
- 21-02-13: A mina divide á Costa: Charlas en contra e concentración a favor.
- 20-02-13: A mina de Corcoesto e os ingresos fiscais municipais.
- 18-02-13: Un milleiro de persoas secundaron Enterro de Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 16-02-13: A Xunta defende o plan de restauración da mina de ouro e critica as posturas reducionistas dos contrarios á mina.
- 14-02-13: A Costa da Morte maniféstase este domingo en Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 11-02-13: Veciños afectados presentaron novas alegacións á Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 07-02-13: O PSdG oponse agora á mina de Corcoesto.
- 04-02-13: Salvemos Cabana denuncia a falta de credibilidade da Asociación favorable á mina.
- 04-01-13: Corcoesto si, mina si. Nace unha asociación a favor da mina de ouro.
- 29-01-13: Os Ornitólogos piden unha verdadeira política de conservación da natureza e critican as minas.
- 28-01-13: Máis de 21.000 sinaturas contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 24-01-13: Veciños de Corcoesto denuncian á Mina por danos nos seus montes.
- 22-01-13: Dúas cativas de Coristanco escríbenlle a Feijoo pola mina de ouro.
- 16-01-13: Máis de 1.000 explotacións agrogandeiras veranse afectadas pola mina de ouro de Corcoesto.
- 09-01-13: AGE insta á Xunta a facer un Plan Económico alternativo á mina de ouro de Corcoesto.
- 04-01-13: Alertan sobre o risco de destrozar o Esteiro do Anllóns e propoñen alternativas económicas á mina de Corcoesto
- 02-01-13: O debate sobre a minaría tóxica está aberto.
- 29-12-12: A empresa mineira de Corcoesto obrigada a pechar de inmediato por falta de licenza.
- 28-12-12: AGE reafírmase en contra da mina de Corcoesto.
- 27-12-12: Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto.
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa”.
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).