Venres. 26.04.2024
El tiempo

A mina de ouro de Corcoesto chega á Defensora del Pueblo

A mina de ouro de Corcoesto chega á Defensora del Pueblo
Imaxe da mina de ouro de Corcoesto

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de remitir á Soledad Becerril, a Defensora del Pueblo a nivel estatal, un completo dossier con información acreditativa das "moitas irregularidades cometidas pola Xunta de Galicia na tramitación do expediente para a autorización do proxecto de mina de ouro a ceo aberto, e desminte á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sobre a procedencia do arsénico".

No dossier alértase á Defensora de que os "elevados niveis de arsénico non só se atopan no río Anllóns, tal e como acredita o estudo científico da Universidade de Vigo e do CSIC, senón tamén en mananciais que abastecen para consumo humano e animal á parroquia de Corcoesto". Esta información, que consta no propio Estudo de Impacto Ambiental elaborado pola empresa, "foi posta polos veciños en coñecemento das autoridades sanitarias da Xunta, sen que estas adoptasen ningunha medida tendente a solucionar o grave problema de saúde pública que se está a producir, xa que se trata de un elemento químico altamente canceríxeno".

A Xunta tamén

Pero a Xunta tamén remitiu o seu informe á Defensora, no que sinala que "os niveis de arsénico na área de Corcoesto non son consecuencia das antigas labores mineiras, senón da litoloxía da zona". Algo que desmite a Plataforma.
Para apoiar a tese de que o arsénico é causa directa da antiga explotación de ouro, a Plataforma remítese ao artigo científico da Universidade de Vigo e do CSIC e aporta a maiores unha Tese Doutoral da Universidade de Santiago, que en relación ao Arsénico e ao Chumbo no río Anllóns, sinala “Estos elementos se acumularon en los sedimentos de fondo como consecuencia de la removilización de las venas piríticas de la cuenca durante las épocas de extracción de oro. Las actividades mineras han producido, principalmente, un importante incremento del contenido de As en los sedimentos en la zona de Corcoesto, extendiéndose esta contaminación hasta la línea de costa, unos 15 Km más abajo".

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios