Venres. 26.04.2024
El tiempo

Voces públicas contra a megaminaría en Galicia

Voces públicas contra a megaminaría en Galicia

Xa van 35.000 persoas que asinaron a petición en Charge.org de Salvemos Galicia para parar a megaminería contaminante no noso país. Baixo o lema "Galicia está en perigo, pero aínda estamos a tempo de salvala", personalidades do eido da cultura e do deporte a nivel galego e a nivel estatal, ceden a súa voz para intentar facer recapacitar sobre o proxecto mineiro que está promovendo a Xunta en todo o país.

A intención é a de seguir informando a poboación, deixando claro que pouca xente coñece o "proxecto de convertir Galicia nunha gran mina a ceo aberto", e que son empresas extranxeiras as que sacarán o rendemento económico, deixándonos aos galegos "devastación, pobreza e uns cantos postos de traballo precarios de curta duración".

O actor Carlos Blanco, o fotógrafo Suso de Toro, o míster do Depor Fernando Vázquez, o presentador Gonzo, o actor cormelán Víctor Mosqueira, o xornalista Ramón Varela de Salvemos Cabana, o científico da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González (impulsor do vídeo), a actriz Sabela Arán, o actor Luís Zahera e o monologuista Javier Veiga cende a súa faciana e a súa voz nesta loita.

E o exemplo máis coñecido ata agora é o da enorme mina de Corcoesto, para extraer ouro (apenas 1,6 gramos por tonelada de rocas) . "A extracción de ouro non só deixaría grandes feridas na terra: por cada quilo de ouro, ademais de consumirse 128 kg de cianuro no proceso, xeraríanse 4.000 toneladas de residuos e escombros.

Pero Corcoesto sería só o primeiro dunha serie de proxectos de megaminería. Tamén falan de Zas e Santa Comba pola nosa zona, e do aproveitamento dunha suposta beta que percorre o país de norte a sur.

E todo, a un par de semanas da gran manifestación convocada para o 2 de xuño e a unha semana do Concerto a Ceo Aberto de Carballo.

Para máis información e asinar a petición

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Caras visibles contra a minaria de Galicia

Comentarios