Venres. 26.04.2024
El tiempo

Corcoesto Si organiza unha marcha nocturna mentres os contrarios denuncian acosos a propietarios

Corcoesto Si organiza unha marcha nocturna mentres os contrarios denuncian acosos a propietarios

Doble nova arredor da mina de ouro de Corcoesto. Os colectivos a favor e en contra amosan as súas cartas, e mentres os favorables ao proxecto mineiro preparan unha marcha nocturna ata Santiago para esixir á Xunta o cumprimento dos prazos, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños xuntábase co veciños afectados das parroquias de Valenza e Cereo que aseguraron ter sido acosados pola empresa mineira.

Marcha nocturna de Corcoesto Si

Corcoesto Si, Mina Si artella unha marcha nocturna a Santiago

A asociación Vecinal "Corcoesto SI, Mina Si", organiza un marcha Nocturna, para "esixir á Xunta de Galicia o cumprimento dos prazos prometidos con respecto ao proxecto minero de Corcoesto e transmitirlle aos nosos políticos a nosa situación de desemprego que vai en continuo aumento, polo que animamos a todos os desempleados a que se unan á marcha".

A Asociación Vecinal "Corcoesto si Mina si", toma como punto inicial da marcha A Rectoral (Corcoesto) ás 16 horas, para chegar a Santiago o Luns 27 pola mañá co obxectivo de presentar na Xunta as máis de 1800 firmas recolleitas nestes últimos meses que suman así xa máis de 5500.Tamén solicitaremos unha reunión con carácter de urxencia ao Consellerio de Industria para expresarlle a nosa situación económica extrema por desemprego e que nos explique en que situación se atopa o proxecto, os motivos polos cales non se fomenta o emprego nunha comarca moi atacada polo paro como é Bergantiños e permítese unha politización externa do proxecto minero.

Os contrarios denuncian acoso da empresa a propietarios

Paralelamente, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños escoitaba onte a varios veciños propietarios dos montes afectados polo proxecto, que denunciaron o acoso da empresa, "visitándoos un por un nos seus domicilios e ameazándoos coa expropiación a prezos ridículos".

Ademais, e entidade informou aos veciños das alegacións que deben presentar os veciños en relación ao anuncio publicado no DOGA de oito deste mes, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Julia 2. Un permiso moi criticado polos contrarios e que preocupa aos veciños afectados ao comprobaren que as súa casas están situadas dentro do perímetros das concesións.

Ademais, reclaman dos alcaldes de Cabana e de Coristanco que "deixen de ser cómplices da empresa mineira e que se poñan a traballar na defensa dos intereses dos veciños".

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios