Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A mina de ouro estivo presente dentro e fóra do Parlamento

A mina de ouro estivo presente dentro e fóra do Parlamento
Manifestacion contras a mina de Corcoesto as portas do Parlamento

Na mañá de onte o proxecto da mina de ouro de Corcoesto chegou ao Parlamento. E o fixo dentro e fóra, pous a Plataforma en Defensa de Corcoesto convocaba unha concentración esixindo á á Xunta de Galicia que non autorice o proxecto da mina de Corcoesto presentado por Edgewater. Medio centenar de persoas desplegaron as súas pancantar para trasladar o rexeitamento que se vén demostrando en cada manifestación.

Xa no hemiciclo, dúas foron as preguntas presentadas por AGE e BNG. E a Xunta volveu saír pola tanxente, indicando que "o Goberno non renunciará aos proxectos que favorezan o desenvolvemento económico e o benestar dos galegos, sempre que garantan a súa viabilidade ambiental e a súa seguridade”. Así, o goberno escúdase en palabras que conxuntamente son complicadas de casar, como "proxecto industrial, xerador de emprego, sostible e seguro".

O conselleiro resaltou que "o Goberno galego está a cumprir rigorosamente coa normativa na tramitación do proxecto, solicitando os informes técnicos preceptivos ás administracións competentes, e someténdoo a información pública", aseguran.

A pregunta do BNG ía enfocada ao “modelo colonial” de minería en Galicia. A deputada do BNG, Carme Adán criticou que "unha empresa canadiana extraia ouro en Corcoesto a pesar das graves consecuencias medioambientais e económicas que provocará na zona". Na intervención, Adán que vestía unha camiseta co lema “non á Mina”, saudou aos veciñ@s de Corcoesto asistentes ao debate parlamentario e a un gran número de afectados que permanecían nas inmediacións do Parlamento reclamando a paralización do proxecto mineiro.

Adán negou unha a unha as condicións polas que foi aprobado o proxecto e afirmou que non existe nin o desenvolvemento tecnolóxico nin a xeración de emprego, “utiliza a técnica máis barata, cada día 1.400 quilos de cianuro serán empregados” con consecuencias moi graves para a poboación galega. E recordou o rexeitamento social manifesto na zona.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios