Recunchos da Costa: Praia de Arnado
Entre a Praia de Soesto e a salvaxe enseada de Traba percorre un sendeiro marabilloso que forma parte do Camiño dos Faros. Unha vez pasada a punta do Catasol, atopamos pequenas caliñas e unha praia ben agochada dos circuitos.
A praia de Arnado é un pequeno areal de apenas 90 metros (queda ben pouca area con marea baixa pero aínda aguanta) absolutamente salvaxe, lonxe dos coches e as aglomeracións.
Só polo verán algunhas furgonetas cólanse ata enriba da praia polas pistas de terra dende Traba para gozar dunha zona salvaxe.
Xusto diante atopamos o illote de Ataín, con varios naufraxios ás súas costas, e un pouco máis adiante a Illa Teixoeira.
O sendeiro continúa ata a lagoa e praia de Traba, coa vista dos Penedos de Traba e Pasarela como marco de fondo.
Como chegar
Dende a cara norte de Soesto ou dende a cara sur da enseada de Traba hai coller o sendeiro da frecha verde do Camiño dos Faros.
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.