Venres. 18.10.2019
El tiempo

Mary Wollstonecraft trae o ensaio feminista á Galería Mulleres

Mary Wollstonecraft trae o ensaio feminista á Galería Mulleres
Galeria Mulleres Muxia Mary

Quere pechar a Galería Mulleres do Concello de Muxía este 2014, o seu cuarto ano de vida, cun nome internacional. E o fai marchando ata o século XVIII, para coñecer a Mary Wollstonecraft, pois saben que a intención desta iniciativa de Viki Rivadulla e a Oficina da Muller de Muxía é o de visibilizar a labor histórica, e actual, da muller na nosa sociedade.

A inglesa Mary Wollstonecraft (1759-1797) foi a primeira escritora europea que publica un ensaio sistematizado sobre a situación da muller, e propón explícitamente o recoñecemento dos seus dereitos. Este texto, “Vindicación dos dereitos da muller”, considérase o texto fundador da loita contra o patriarcado e estableceu as bases do feminismo moderno.

Mary foi quen de establecerse coma escritora profesional en tempos onde esto era inusual. Escribiu ensaio, contos,tratados …Casou co filósofo William Godwin, un dos precursores do movemento anrquista e con el tivo unha filla, Mary Shelley, autora da coñecida novela “Frankenstein”.

Morreu aos 38 anos, deixando varios manuscritos inacabados. As ansias de liberdade de Mary , que informaron as súas opinións filosóficas, tamén deixaron pegada na súa vida persoal, na que fuxíu de lazos permanentes. A súa obra, aínda hoxe, segue a ser un referente do feminismo.

  • Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar a súa obra: “Vindicación dos dereitos da muller” Sotelo Blanco/Xunta de Galicia.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios