Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina

Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina
Inauguracion da Mostra 5 anos da galeria Mulleres en Muxia

Xa está aberta en Muxía a mostra "Cinco anos na Galería das Mulleres”. Onte tiña lugar a inaguración oficial desta mostra na que poden verse 61 carteis que son un percorrido pola historia en clave feminina. A mostra presenta tamén un rincón de lecturas no que poden lerse dende o discurso de Clara Campoamor nas Cortes o 1 de outubro de 1931, cando foi aprobado o voto feminino, ata escritos de Simone de Beauvoir ou María Reimóndez, ou información sobre o amplísimo legado científico de Ángeles Alvariño.

Unha boa ocasión para os centros educativos de toda a bisbarra, para visitar unha mostra que, se ben está feita con humildes recursos, dá para un intenso traballo didáctico e pode ser aproveitada polos mestres e mestras para traballar nas aulas. Non perdan a ocasión de escoitar a Viki Rivadulla explicando a historia da humanidade a través destes 61 nomes de muller.

Galería Mulleres de Muxía

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios