Recunchos da Costa: A praia de Niñóns
![Recunchos da Costa-Praia de Ninons 3](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2022/04/29/2022042911451785847.jpg)
Outra das primeiras paradas do Camiño dos Faros é a praia de Niñóns. De feito, no areal pontecesán remata a 1ª etapa. Unha praia moi familiar, ideal para domingueir@s, cunha area fina das que namoran, e unha enseada que permite ademais que o mar sexa bastante tranquilo.
Ademais, a pouca cobertura de móbil que hai na zona, e o feito de que sexa un lugar abrigado do vento, permiten despistarse completamente, rodeado dunha contorna natural de bosques de piñeiros.
Pero a zona dase non só para tumbarse á bartola. No propio areal poderás escalar os imponentes peñóns, e explorar as súas furnas que hai cara a zona norte. Precisamente subindo polos carreiros cara Malpica, hai un camiño dun quilómetro ata Lago, onde se mete o mar na terra, que é espazo precioso, e supón unha gozada tanto en verán como en inverno cando bate o mar.
Cara o sur, tamén presta achegarse ata Santa Mariña, un pequeno porto de pescadores alucinante, cunhas casiñas de pescadores auténticas, e unha pequena cala de augas cristalina, ideais para un rato de relax. De camiño podes parar na praia do Morro (ou Porrido), para facer unha incursión nudista.
O único punto que se podería mellorar, é a curiosa é a antiga edificación situada na entrada, a pleno pé do areal, que foi taberna nalgunha época e agora é alugada por visitantes durante temporadas de verán.
![Praia de Ninons-Foto-Javier Souto](/media/quepasanacosta/images/2022/04/30/2022043009043262901.jpg)
![Praia de Ninons-Eduardo Verdes-Camino dos Faros](/media/quepasanacosta/images/2022/04/29/2022042911451826268.jpg)
Como chegar
Na estrada DP-4307 que une Ponteceso e Malpica, a 5km.,-en A Campara- hai que coller un desvío á esquerda dirección Brántuas-Niñóns pola DP-6801. 2 km despois, collemos dirección Brántuas, e podemos acceder por un desvío xa sinalizado.
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- Praia de Gures.
- Os Secadoiros de Congro de Muxía.
- Praia de Arnado.
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.