Merca o décimo e que che quiten o bailado.
Mércao xa. Que máis da? Total, se o vas mercar igual. Mércao xa. Faime caso.
Hai xente, coma min, aos que a Lotería de Nadal non nos di nada. Preferimos outros xogos de azar máis proletarios, coma a Bonoloto, ou estigmatizados, como as tragaperras.
Hai xente coma min, aos que a Lotería de Nadal non nos di nada. Por iso sempre dicimos que non imos mercar ningún décimo.
- Se teño que coller un en cada sitio a onde vou... Lévoa clara. Paso!
Isto é a teoría. Na práctica, a cousa cambia, claro.
- Oe, Jose. O décimo do Ateneneo hai que collelo, non vaia ser que toque. E o do bar tamén, que a semana pasada pasei por alí e tan só quedaban dous boletos; o fillo de puta de Fulano, que está na peña, seguro que ten un. Mira que como lle toque...
É algo penoso dicilo, mais é a verdade. Os que non temos interese en xogar no sorteo da Lotería de Nadal e todo o rollo ese, acabamos participando del por medo. Medo a que o veciño vai co premio a Tombuctú, ou a Morpeguite, e un teña que quedar na casa. E é que o que pasa con este xogo é moi curioso.
Para curioso, por outro lado, o fenómeno que lle ocorre a moitos dos premiados. Unha gran maioría deles, consumidos os cartos, atópanse máis pobres do que eran antes de que lles tocase.
Un día, nas tabernas, atopeime cun suxeito destes. As súas verbas non deixaron de sorprenderme.
- Como se sinte un ao perdelo todo?
Despreocupado, fachendoso para ocultar a vergoña que supón un acontecemento desta clase, respostooume levando o vaso de clarete á boca.
- Pois xa ves... Que me quiten lo bailao.
Pois ben, querido, querida, queride, lector, lectora ou lectore, que saco eu disto? Bueno, por un lado, que para “bailar” o que perdemos, antes hai que telo; e por outro que, coma nos vén a dicir a experiencia, unha forma de ter iso que logo imos perder para poder bailalo- vaia lío-, é mercándo un décimo dos que toca- que iso nunca se sabe-. Así que deíxate de parvadas e vai a collelo dunha vez, que aínda vas quedar sin el.
PD: Este artigo non está subvencionado nin polos encargados estatais da rexencia da Lotería de Nadal, nin pola Axencia Tributaria. Ou iso creo.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Álvaro Pombo existe.
- Vai por tempadas.
- Defuntos
- Amancio Prada e os que van con el.
- A apoloxista de Cortázar
- “A muller de ollos mouros e intensos”
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez