Álvaro Pombo existe
Aínda que non o pareza, Álvaro Pombo existe. Existe, ou segue a existir, vaia- que todavía non finou-. Da existencia de Álvaro Pombo, entereime hai un par de anos cando chegaron as miñas mans uns cantos libros pertencentes a unha mesma colección entre os que viñan – recollidos nun deles- catro relatos seus (“Luzmila”, “Tío Eduardo”, “Aroma de nostalgia”, e “El cambio” ). Malia non chegar ao punto de influir na miña escritura, gustáronme bastante.
Non ocorreu o mesmo co seguinte que lin da súa autoría- unha novela chamada “Donde las mujeres” -, e aí quedei; abrumado por outros textos, non profundicei máis na obra deste home.
Álvaro Pombo, progre entre os progres, disidente sempre, loita contra eles- contra os progres-, contra a opinión imperante e reduccionista. Iso, achégamo un pouco.
A el rendinme ao ver en Youtube aquela mítica intervención súa nun mitin de UPyD en Vista Alegre. Tanto a xente do público, como os seus compañeiros de filas – Rosa Díaz, e demais herbas que o campo non produce nesta época do ano- abrían a boca, pampos de escoitalo dicir aquela marabilla de: “Es resplandeciente ver desde aquí, es resplandeciente y animoso, es resplandeciente y animoso ver desde aquí, ver desde aquí, a todos vosotros. Es resplandeciente y magenta y animoso en este domingo del tres de abril, ver a todos vosotros aquí.”.
Nese encontro coa militancia, notábaselle que estaba ilusionado coa formación política de Rosa, posto que – como ocorre en tantos outros casos de intelectuais involucrados con formacións políticas - creía que era a adecuada para cambiar España. Parten da premisa falsa de que España ten solución, pero en fin, é bonito - e “animoso”- deixarse levar polas utopías que van creando coas verbas estos magos sinceiros da lingua.
Dende logo, ver a unha persoa que domina o idioma- isto é, que coñece as palabras e sabe utilizalas de forma axeitada-, falando nun acto político, seduce, e os políticos - que maioritariamente se mostran ao pobo como imbéciles e casi analfabetos- sábeno.
A Álvaro Pombo- chiva de cabrito listo, vello, e algo verde- déronlle o Premio Cervantes aos oitenta e cinco anos. Por ese discurso do que falabamos, e polo que a súa persoa lucidamente alucinada ten de Don Quijote, creo que ben o merece.
A nova colleume no Bonilla da calle Juan Flórez, tomando churros. Tan só agardo que a súa longa vida chegue a abril para ter a oportunidade de escoitalo falar de novo – a súa e a miña, claro; porque se non, xa nada-.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Vai por tempadas.
- Defuntos
- Amancio Prada e os que van con el.
- A apoloxista de Cortázar
- “A muller de ollos mouros e intensos”
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez