Papito. Papito. Papito mío
Neste preciso intre da humanidade, faise máis interesante, que non importante, a visita do Papa ao noso País, para poder ver, unha vez máis, o efecto, polo xeral sempre escaso, que produce naqueles que o teñen a el ou a Deus, como mediadores das súas vidas.
Por que tendes que saber que hai muita xentiña que precisa dun chamemóslle "intermediario", porque definitivamente deben andar perdidos con tanta Deidade católica, islámica, árabe, política e económica e buscan a lus para ver millor; os xudeos merecen mención a parte por aquelo de que ten un deus propio que ten muito amor propio e que os eleva ca súa gracia fronte ao resto. Son os ELEXIDOS :(
Digo efecto escaso, xa que cando vou camiñando por onde sexa, non distingo a un católico dun ateo, a non ser que o primeiro vaia vestido de negro e con "alzacuellos" e unhas gafiñas tipo seminario.
Digo efecto escaso, porque na gran maioría estas persoas non gozan da liberdade dun ateo, no sentido sobre todo do "librealbedrio", é dicir, eu podo facer o que me pete, perdoarme a min mesmo e non ter que pasar polo confesionario con tres avemarías e un padrenuestro, que me exculpará e, máis cedo que tarde... volverei ás andadas. Iso si, quen os exculpa a eles é Deus. E iso debe ser "fariña doutro costal".
Unha nena de raza negra sae con éxtase televisiva cando elixiron a este novo papa... o reporteiro preguntoulle se era católica, ao que ela respondiu afirmativamente; pero con astucia o mesmo periodista preguntoulle se votaba e a quen... pois para sorpresa de ninguén votaba a VOX :000
Nun tempo en que católicos e ultracatólicos, semellan ser os garantes da moralidade (sempre quixeron esta función, aínda que isto pasara por espada e polo lume), o "Xardín da Creación" acumula muita, muita desfeita hipócrita.
Os católicos, dende o seu manual de supervivencia, marcan ou queren marcar o camiño a seguir, esquecendo de que o resto tamén somos fillos da Creación, máis non do Creador (teoría biolóxica...o mono e a mona).
Dunha creación imperfecta deixade que me baixe, deixade que sen muito cuestionamento á tenra idade de 12 anos, eu tiña clarísimo que o noso cura era un "bendito pecador".
Don Domingo, tódolos domingos e antes da misa, pasaba pola de Medes a tomar o seu groliño; logo adurmichado no seu salmo, platicaba moralidade que se disipaba na "Sangre de Cristo", da cal repetía porque unha non era abondo. Logo escuitaba os pecados ou pecadiños de nenos, mulleres e homes a os que perdoaba en maior ou menor medida non polo pecado, se non polo grolos cristianos que levaba ao lombo.
Eu pensaba... se este é un deses representantes ou intermediarios con lo "divino"... déixame ser "mundano" ou no seu caso, terrenal, que non ten tanta presión.
Así que o Creador emprega seis dias na Creación e un descansa e, Don Domingo, tomábao ben a peito, pois descansaba ata misando.
Ben, poñamos que a creación fui turbulenta, con explosións e diluvios que foron amansando ao personal ata practicamente extinguilo; aquí a Deidade non se andaba con bromas; probou e viu que non lle saíra ben (proba-erro), desfixo case todo e quixo e, por medio dunha gran barca onde había unha parella de cada especie, comenzar de novo.
Olvidouse de pastear cráteres, fallas, tsunamis, furacáns, terremotos e como todo estaba mui quente, decidiu por un pouco de xeo que durou 100.000 anos.
Un católico ou cristiano valida a sua espiritualidade e fé. O resto miramos para as nubes a ver se chove, porque sabemos que ca chuvia diluviana, bromas... poucas. Logo chamoulle O Paraíso.
Xa nel, e sen cortarse un pelo, aparece a tentación en forma de culebra postrada nunha mazaeira, pois nuestro señor non se fiaba e, como tivo razón, apareciu a culpa e o pecado... Unhas folliñas de parra e a tomar por saco o Paraíso... o do perdón vén despois, pero xa tarde para Eva.
VOU OS SALTOS HISTÓRICOS, PORQUE SE FAGO UNHA CRONOLOXÍA, PALMAMOS ATEOS E CRISTIANOS NUNHA DEBACLE INHUMANA QUE PASA POR CRER CEGAMENTE E INSISTO CO DE CEGAMENTE, PORQUE SE ESCRIBIU UN LIBRO (única edición) QUE NOS DI COMO TEMOS QUE SER, A QUE TEMOS QUE OBECEDER... E EN APARIENCIA ESTÁ BEN, DO QUE DI PARTICIPO DE CASE TODO, PERO HAI UN PERO, NON HAI ESCRITORA-OR... HAI MUITOS ACTORES SECUNDARIOS E EXTRAS ROMANOS E, O PROTAGONISTA É UNHA DEIDADE QUE "DESAPARECE" E NON SE VOLVE A SABER MÁIS DEL.
NON IMPORTA, ÉL XA DEIXIU TODO ESCRITO NUNHAS TABLAS PARA QUE NOS LEMBREMOS UN DIA DE QUE TEMOS UN TRAUMA GLOBAL... É O QUE HAI....
ESTOU CONVENCIDO, E NON É ARROGANCIA, QUE NUN LUGAR XUSTO EU PASAREI POLO FURADO DA AGULLA ANTES QUE MUITOS, MUITOS CATÓLICOS, CRISTIANOS O.. QUE SEXA....
O VOSO "AUDITOR" QUE BUSCA EN VÓS QUE NON BUSQUEMOS NÓS EN NÓS MESMOS??... UHA SORTE DE BONDADE OU DE PECADO????
ÁS VECES PENSO QUE EN VÓS BUSCA O PECADO E A CULPA E ESO DISTRÁEVOS DA BONDADE...
A POSICIÓN DA IGLESIA PODE, E ELES SÁBENO, SER MUI CUESTIONADA POLA HISTORÍA, POLAS SUAS ACCIÓNS E POSICIONAMENTOS AO LADO DO PODER....DONDE ESTÁ O OURO.
A IGLESIA AXUDA E COLABORA... ESE SERÁ O SEU PAPEL FILOSÓFICO OU DE PRÉDICA, PERO TAMÉN SE CHOSCA O OLLO CO BRILLO... EN ALGUNS PALACIOS HAI QUE ENTRAR CON GAFAS DE SOL.
TENDE CUIDADO, COMA EN NÓS, ENTRE VÓS TAMEN HAI HIPÓCRITAS.
NON SOMOS DOUS BANDOS.
PERO MIRANDO COMO ESTÁ TODO... VAISE GASTANDO A PACIENCIA.
A FÉ SUPONSE INVISIBLE E COMPACTA... SE A TES ATA MORRES POR ELA. SUPÓNSELLE UNHA CONVICCIÓN TAL, QUE NA EDADE MEDIA FACIANLLE COLLER UN FERRO ARDENDO... SE TIÑAS FÉ NON BERRABAS, SE NON A TIÑAS ATOPABASTE CON TOR QUEMADA.
PERO HAI MUITO CRISTIANO QUE DENUNCIA OFENSAS, ATAQUES Á SÚA CRENCIA.... EU DIGO, SE TES FE NON TE QUERELAS PORQUE A FE NON SE PODE ATACAR NIN DENIGRAR NIN ALTERAR, PORQUE É INQUEBRANTABLE... PERO SE TE QUERELAS ES XENTE DE POUCA FE (refírome a os cristianos... abogaadooo).
EU SON HOME DE POUCA FE... A XUSTA... FAMILIA, AMIGOS, GATAS, MONTE, PLAIA E HORTA QUE NOS DA DE COMER... UN MONTE BONITO, FLORES, PAXAROS.... NON TEÑO PENSADO ARRIMARME ÁS IDEOLOXÍAS, VEÑAN A TRAVÉS DE MILAGROS OU DAS LEIS HUMANAS QUE ONDE VAI ABANDONARON AS DE DEUS. NO MATARÁS DI... NO ROBARÁS, DI...
REZADE POR NÓS TODOS SE ISO VALE DE ALGO, QUE BAIXE ALGUÉN E POÑA ORDE. POR AÍ HAI UN PRESIDENTE TERRÁQUEO QUE QUER SER PAPA POR MANDATO DIVINO E SE CRE D. EE. UU. SS.
PARA MIN É UN PIRAO, PERO NON VEXO CRISTIANOS QUE VOTADES AO CAPITAL, QUE VOS QUITE MUITO O SONO... ISO PARA MIN É UN FALSO PROFETA, SUPLANTACIÓN DIVINA, IDOLATRÍA, USURPACIÓN E, FINALMENTE... HEREXÍA...
MUITO ME TEMO QUE TENDES UN PROBLEMA CA HIPOCRESÍA.
E para rematar... "dejad que los niños se acerquen a Mi" ????
Cando un neno-nena morre sen ser bautizado, segundo a interpretación, pode acabar no Limbo (alí non está Deus) ou depender da Gracia Divina... a un suicida pásalle o mesmo... e a un neno/a que morre de fame nunha guerra... a ónde o envíades.. e a outra que fui roubada da súa nai e entregada a un cura-monxa fascista...para unha familia fascista ??
- Nando Lestón. Artista carnotán.
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- Carnota... a cousa cousificada
- La decepción confirma la regla (Por unas vistas de nada)
- A Boca
- Xa nos vai tocando.
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Letras
- SALVE CARNOTA.
- Entre ideoloxías anda a probe vida
- Ser pintor na Costa-Verdescente da Morte.
- Turismo global. Unha pandemia máis.
- Orxías culinarias.
- ASPAFIN, a Asociación de Pacientes do Finisterrae.
- La grande belleza... y la grande torpeza.
- Limpade... limpade vós.
- Pos-reflexión.
- Matermateria
- Nodar-radón.
A VIÑETA DE NANDO LESTÓN
Ruralismo 3.0 con Antonio Nodar e Nando Lestón
- 15: Mar de pedra.
- 14: 82.
- 13: Tres eran catro.
- 12: Hermosinda Xulieta Rapunzel.
- 11: Dúas amigas.
- 10: Carro de combate (Os útimos de Baíñas).
- 09: Progreso sen regreso
- 08: Chupete vs Adultos
- 07: Jose Blas (Ferreiro). A forxa de Vulcano
- 06: Vacas (frisona, a máis mona).
- 05: Lancha no Ézaro
- 04: Sra. Serafina do Roquiño. Os Santos Inocentes
- 03: Cabaseira de Baíñas
- 02: Santuario da Virxe da Barca
- 01: A Serafina do Roquiño.