Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Unha Semana Santa de emocións ca Copa da Costa

Xuvenís: Unha Semana Santa de emocións ca Copa da Costa
Corcubion-Porteno da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Porteno

Tiña lugar esta ponte de Semana Santa unha doble xornada en categoría xuvenil. O xoves Santo remataba a Liguilla Previa á Copa, na que só había unha praza en xogo. Unha liguilla sosa, sen tensión nin emoción, na que se clasificaron 10 dos 13 participantes para os Oitavos da Copa. Nesa última xornada, o Zas fixo os deberes ante o Corme, deixando sen opcións a un Malpica que se deixou marchar en Ponteceso.
Para os Oitavos quedaban pois fóra os Malpica, Cee e Baio.

E arrincaron este Sábado Santo, cunhas eliminatorias de Oitavos, a partido único polo que cada erro se podía pagar caro, de xeito que quedaron uns choques tremendamente interesantes. Había cabezas de serie, despois da proposta dos Miúdos que se aprobou na xuntanza (varios clubes protestaron esa decisión pero para facelo hai que asistir ás reunións, non vale laiarse a posteriori), cos 6 participantes na Liga dos mellores, e os Esteirana e Fisterra como primeiro e segundo da Liguilla copeira. Deste xeito, non se enfrontarían en Oitavos entre eles pero se xogaría este choque en campo dos teóricos pequenos.

Así e todo houbo moita igualdade, con ata 2 choques decicidos dende a lotería dos penaltis. O Corcubión vencía ao Porteño na tanda, tras unha prórroga de infarto. Mentres, na Cunchido, Outes e Fisterra, dous grandes equipos, tamén decidían o pase dende os 11 metros. A sorpresa das eliminatorias foi, seguramente, a eliminación dos Miúdos, equipos que xogará a Fase de Ascenso á Liga Galega xunto ao Dumbría, a mans du Muxía que está rematando a temporada de xeito espectacular. Dase agora a circunstancia de que o cadro muradán terá case un mes de parón antes de afrontar a Fase.

Polo demais, os teóricos cabezas de serie superaron as súas eliminatorias. Cabana e XSC con apuros ante Corme e Coristanco. Non tanto Esteirana, Camariñas e Dumbría, que deron conta de Castriz, Zas e Ponteceso.

banner-maisdeporte-2015 cee Agora, os Cuartos deparan 4 choques intensos. Así queda o cadro, que sabedes tendes actualizado nada máis rematar cada partido, e cos horarios cada mércores, en www.copadacosta.com:

Así quedan os Cuartos da Copa Xuvenil, sempre en www.copadacosta.com

Corme - Cabana (1-2)

  • CORME: Fran, Sergio, Aitor, David (Rubén, min.69), Cristian Garrido, Eloy Villar (Eloy CR, min.90), Diego (Bruno, min.75), Isma (Isaac, min.71), Quique, Manu e Samu.
  • CABANA: Vázquez, David Varela (Javi), Grille (Alberto), Ferreiro, Aurelio, Laik, David Muíño (Pablo), Álex, Redondo, Reigía, Cristian e
  • Goles: 1-0, min.29: Manu; 1-1, min.43: Laik; 1-2, min.86: Pablo.
  • Expulsión: o cabanés Sergio Ferreiro no min.40.

Típico partido de copa tremendamente igualado, que non se decidíu ata os últimos cun Cabana que, despois de xogar 50 minutos cun home menos, era quen de darlle a volta ao marcador. O Corme, con varios cadetes nas súas filas, comezou moi forte, e disputou o mando do partido, ante un Cabana que estaba algo máis enriba, pero que sufría as perigosas contras cormeláns. Nunha delas chegaba o gol de Manu e noutra a expulsión no minuto 40 de Sergio Ferreiro. Aínda así, Laik, antes do descanso, facía a igualada que deixaba o partido aberto.

Na segunda parte e coa recolocación do equipo por parte de Óscar Lema, mellorou moito o cadro cabanés e tras moitos minutos de igualdade nos que o Corme puido decantar a aliminatoria ao seu favor, unha xogada de Pablo acababa co gol da vitoria cabanesa. Volcouse o cadro de Lelo nos últimos segundos, e forzaron un par de balóns colgados que se convertiron en barullo na área e a piques estiveron de provocar a prórroga, pero o Cabana fixo valer a súa condición de cabeza de serie e se mete en Cuartos, onde o espera o Corcubión.

O Corme remata así unha temporada, digamos, normaliña, pero con visos de mellora, con ese cadro cadete que vén pisando forte.


Corcubión - Porteño (1-1) (4-2 nos penaltis)

O Corcubion-Porteno foi un partido tenso-Foto-Porteno
  • CORCUBIÓN: Miguel, Chava, Isma, Lela, Marcos, Germán, Mario, Goche, Óscar, Tito e Pepo. Tamén xogaron: Junjo, Álvaro e Samu.
  • PORTEÑO: Brais, Bruno, Gonzalo, Xoel, Mario, Adrián, Carlos, Fran, Aarón, Robi e Rodri. Tamén: Anxo, Sar e Dani.
  • Goles: 0-1, min.98: Borja de falta; 1-1, min.116: Germán.
Cansanzo na prorroga do Corcubion-Porteno-Foto-Porteno

Partido moi emocionante que se decidía dende 11 metros tras unha prórroga de infarto. Foi un partido malo, cun Porteño máis dominador pero que non tivo acerto cara gol. O Corcubión empezaba o choque contra vento e tiña serios problemas atrás para despexar os balóns en longo do Porteño. Pero así e todo, o Porteño non era quen de crear ocasións de perigo, e a mellor oportunidade de mover o marcador era para os locais cun penalti que Brais lle parou a Chava na base do pau.

Na segunda parte xa co vento a favor aproveitou o Corcubión para estirarse algo máis e chegar por medio da velocidade de Tito, e o Porteño parecía máis fresco e Borja, de fermosa falta directa metía por diante aos de Ordóñez. E cando todo parecía sentenciado, colléulle a espalda o cadro corcubionés e nunha fermosa contra Germán facía a igualada cando só quedaban 4 minutos para o final da prórroga. Aínda tivo Robi unha ocasión pero non conseguiu marcar e a sorte dos penaltis decidiría o pase.
Xa na quenda de penaltis marcaron Samuel, Chava, Marcos e Mario polo Corcubión, sendo clave o meta local Miguel, que parou dous.

Remata así un ano fantástico deste Porteño de Ordóñez, que conseguía meterse entre os 6 mellores da categoría, pero que non tivo sorte nesta Copa. Así celebrou o pase o Corcubión.


Outes - Fisterra (0-0) (3-4 nos penaltis)

  • OUTES: Gorgal, César, Cutu, Samu, Brión, Adri, Saúl (Fran), Álvaro (Serxio), Xurxo, Borja (Fabio) e Carlos (David).
  • FISTERRA: Aarón (Fabián), Ángel, Andrés, Juanfran, Iago, Gabi (Manu), Breixo, Gabi Golpes (Dani) (David), Gonzalo, Asier e Adri.
  • Lesión: o fisterrán Gabi Golpes.

Partido disputado con moito vento no Cunchido que impediu ver un fútbol mellor de dous grandes equipos. Os de Manu Roque e Falito disputaron un choque intenso, moi físico, con moitos balóns directos, pero sen grandes chegadas e as mellores a balón parado. Os locais estiveron algo máis arriba, pero lles faltaba pegada arriba sen Santi nin Simón, mentres que a pelexa dos fisterráns permitiuse ter varias ocasións, como as dúas de Breixo diante de Gorgal que tamén paraba un tiro de Adri.

Na segunda estivo mellor o cadro da Serra e tiveron que esforzase os metas fisterráns e mesmo Iago tivo que sacar un balón paus.

Nos penaltis, por bando local marcaron César er Fabio, e fallaron Cutu e Xurxo, mentres que polo lado fisterrán marcaron Adrián, Asier, Ángel e Gonzalo facía o definitivo 5º despois de que só Andrés fallase ante Gorgal.

Remata así a temporada para os de Manu Roque, un equipo que forma, como así o demostra a cantidade de xogadores que participan co primeiro equipo.


Castriz - Esteirana (1-4)

  • CASTRIZ: Víctor, Álex, Redondo, Luís, Richard, Mirlo, Roony, Elías, Jony, Mika, Balsa. Tamén xogaron: Javi, Cambón, Beto, Cris e Calvo.
  • ESTEIRANA: Xaco, Sergio, Rafa, Bolo, Tiko (Cristian, min.70), Fabio, Juan, Adrián, Jaime, Manu e Pablo (Brais, min.46).
  • Goles: 1-0, min.3: Pablo; 2-0, min.6: Juan; 3-0, min.20: Pablo de penalti; 4-0, min.35: Rafa; 4-1, min.75: Jonathan.

Unha primeria media hora espectacular desta gran Esteirana de Tata foi suficiente para finiquitar o pase aos Cuartos da Copa. Aproveitouse dunha saída demasiado relaxada dos de Alberto, que viu como un avión pasaba por San Pedro, que aos 6 minutos xa marchaba 0-2.
Un choque dominado por este cadro esteirán que leva unha temporada espectacular, que non puido meterse, por pouco entre a Liga dos mellores, que que demostrou na Liguilla copeira o seu poderío, deixándose só 5 dos 36 puntos en xogo.

Dominou o cadro blaugrana que á media hora xa sentenciaba con 4 tantos. Na segunda mellorou o equipo local e lograron o gol da honra, xogando de ti a ti a todo un líder. Pecha así o Castriz de Alberto unha temporada irregular, pero na que o equipo opelexou cada partido.


Coristanco - XSC (1-2)

  • CORISTANCO: Alberto, Iván (Gabry, min.70), Navarro, Javi López, Sergio, Varela, Fabio, Brandón, Chiqui, Bértoa (Cristian, min.60) e Jony.
  • XSC: Coke, Pérez (Tefi, min.78), Dani (Parri, min.75), Xoel, Carlos, Rubén, Adrián, Landeira (Isma, min.50), Barbeira (Oreiro, min.60), Anxo e Santi.
  • Goles: 0-1, min.20: Barbeira tras un balón en longo; 1-1, min.35: Chiqui de penalti cometido sobre el mesmo; 1-2, min.52: Barbeira.

Boa entrada na Rocheira (200 persoas) para ver este igualado partido entre un moi bo Coristanco que sucumbiu finalmente ante o potente cadro xalleiro.

Os de Rubén Forján levaron a iniciativa do partido pero o Coristanco fixo un bo partido defensivo, sen permitir grandes ocasións aos visitantes, se ben os xalleiros entraban por banda e con triangulacións por dentro para encontrar os espacios por fóra. Así chegou o primeiro gol nun balon o espacio a Barbeira que gañou ca potencia que o caracteriza e definiu ben o pao longo.

O Coristanco reaccionaba, aproveitando que o XSC baixou a súa intensidade, e empataba de penalti despois dunha boa acción de Chiqui, que el mismo transformaba.

Na segunda parte ao Coristanco costoulle entrar no partido e o XSC marcaba pronto nunha contra que finalizaba de novo Barbeira que viña dun córner a favor dos locais. A raíz dese segundo gol o partido tornábase bicolor ante un Coristanco que tardou en volver a meterse no choque, pero o XSC non sentenciou e os últimos minutos foron de asedio local, con varias chegadas que puideron ter rematado en prórroga.

Continúa o cadro de Forján o seu periplo copeiro, mentres que o Coristanco remata unha tempora complicada, sen un adestrador de referencia, pero cun xogadores tremendamente comprometidos e válidos que están mesmo axudando moito ao equipo de Da Silva no primeiro equipo.


Zas - Camariñas (2-5)

  • ZAS: Hadrián Ferreiro, Rubén, Darío, Terny, Alberto Fuentes (Brais, min.40); Manu, David; Juan, Andy, Dani Mato e Andrés. Tamén xogaron: Álvaro e Bolita.
  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Manuel, Sergi, Miguel, Pose, David, Adrián, Brais, Álvaro (Facundo, min.64), Dani (Felipe, min.70) e Javi.
  • Goles: 0-1, min.15: Dani; 0-2, min.50: Javi; 1-2, min.60: Terny de penalti; 1-3, min.65: David; 2-3, min.70: Terny de penalti; 2-4, min.75: David; 2-5, min.80: Javi.

Non tivo o día o meta local e o Zas de Iván Solís pagouno despois dun partido igualado, sobre todo nunha primeira metade na que houbo boas ocasións para ambos equipos, pero só os de Gerpe conseguían romper a igualada cun tanto de Dani e iso que o Zas estivo mellor posicionado e tivo as mellores ocasións.

Na segunda parte mellorou o Camariñas, e sobre todo estivo máis acertado cara gol, demostrando a súa pegada aproveitando os erros dos locaism, pois boa parte dos goles chegaron de faltas directas dende case 40 metros.

Foi así un resultado demasiado abultado para o que se viu no marcador. Pero queda satisfeito Iván Solís, que está moi contento con este grupo moi novo, pois metade do equipo cadete e só pasan de categoria 2 (Alberto e David), polo que o míster, que collía o equipo a metade de temporada revolucionando o equipo, tería gañas de seguir o ano que vén.


Muxía - Os Miúdos (3-1)

  • MUXÍA: Hugo, Rubén, Paulo, Esteban, Andrés, Jorge, Maca, Marco, Tomás, Víctor e Jose. Tamén xogaron: Ander, Juan, Chori, Gusa e Fransiño.
  • OS MIÚDOS: Ángel, Eloy, Samuel, Lice, Alberto; Tajes, Miguel, Yerai, Álvaro e Saúl. Tamén xogaron: Sandre, Anxo, Xaquín e Miguel Riomao.
  • Goles: 1-0, min.30: Jose; 2-0, min.65: Jose nunha contra; 2-1, min.89: Samuel; 3-1, min.93: Esteban de falta.

A sorpresa destes Oitavos dábase en Arliña, onde o Muxía de Javier Lema, nun final de temporada fantástico, eliminaba a todo un equipo dos Miúdos que lembramos será un dos que nos represente na Fase de Ascenso á Liga Galega. pero chegaba con moitas baixas, sobre todo arriba, o cadro de Mané Senande, e se atopaban ante un cadro muxián ao completo, e cando están todos, nótase, como recolecía o propio míster muxián.

E fixeron un partidazo os locais, dominando dende o comezo con ata 3 ocasións antes de que á media hora, Jose abría o marcador. Os laterais roxiño entraban con perigo nun choque moi disputado no medio campo, con moito vento, no que o equipo visitante non se atopaba,.

Xa na segunda, Os Miúdos estiraban liñas pero o equipo local estaba moi ben prantado e nunha contra o propio Jose facía o segundo. O partido igualábase pero o cadro muradán só era quen de recurtar case co tempo cumplido, pero non puxo en perigo o pase dos locais, pois Esteban, pouco despois e xusto antes do pitido final, facía o 3º.

Terá agora que esperar o equipo muradán case un mes antes de afrontar a Fase de Ascenso á Liga Galega. Buscarán os de Mané Senande armar algún amigable para manter o ritmo de competición.


Ponteceso - Dumbría (0-3)

11 do Ponteceso Xuvenil ante o Dumbria-Foto-SD
  • PONTECESO: Damián, Aarón, Pablo, Adrián, Ismael (Pedro, min.35), Pablo Pailos, Lucas, Gabi (Luca, min.70), Ismail, Iván Cousillas e Eloy.
11 do Dumbria Xuvenil no Pinguel-Foto-SD Ponteceso
  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Canario, Cabana, Jano, Yeray, Juan de Dora, Cacha, Marcote, Edu e Mauro. Tamén xogaron: Charly, Jose, Miguel, Luís, Andrés e debutou ou cadete Marcos Mouro.
  • Goles: 0-1, min.13: Marcote a pase de Juan de Dora: 0-2, min.72: Juan de Dora de cabeza á saída dun córner; 0-3, min.88: Andrés a pase Luís.
Mato cos seus xuvenis-Foto-Ponteceso

Non fixo un bo partido o cadro de Lobelos e Leis ante un Ponteceso de Mato e Curro que fixo un gran partido e que merecu máis. Pero este Dumbría está moi ben armado e ten unha pegada fantástica, como demostraron Marcote (que tamén marcou co equipo de Preferente o xoves), Juan de Dora e Andrés no treito final.

O Ponteceso tivo boas ocasións para ir igualando a contenda, como unha falta ao pau de Eloy ou un man a man que resolveu ben Bruno.


Crónicas dos Xuvenís

2ª Fase: 1ª Fase:

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios