Luns. 20.05.2024
El tiempo

Lola Rontano presenta a súa nova novela na casa polas Letras Galegas

Cartel presentacion Esperta do teu sono Laxe maio 2024
Lola Rontano presenta a súa nova novela na casa polas Letras Galegas

O Día das Letras Galegas de Laxe terá como protagonista á veciña Lola Rontano. O sábado 18 de maio, ás 18:00 horas no Museo do Mar, realizará  a presentación do libro ‘Esperta do teu sono’, a súa nova novela sobre o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana. Un libro que presenta, en clave de ficción, unha mestura de ecoloxía, desobedencia civil, loita pola terra e solidariedade.

Trátase da segunda novela da autora e columnista en QPC, que recibiu o XXX premio Torrente Ballester pola súa primeira obra, ‘Austroatlántica’.
A concelleira de Cultura, Raquel Lema, destacou que se trata “dunha actividade que busca poñer en valor o papel dos nosos autores locais, coma Lola Rontano, neste Mes das Letras Galegas” e completou que “sempre é un orgullo ver como a nosa terra é protagonista de historias e lendas”.

Máis novas

 

 

ARTIGOS DE LOLA RONTANO EN QPC

Comentarios