5 anos recuperando a historia a través de nomes de Muller


Levamos seguindo, dende o primeiro día, a Galería Mulleres da Biblioteca de Muxía. Co gallo do seu 5º aniversario (aí está, 5 anos recordando a historia a través de grandes nomes de muller), vén de inaugurar unha mostra sobre o programa, co título “5 anos da Galería das Mulleres”.
A mostra recolle parte dos carteis publicados ao longo dos cinco anos que leva en marcha o programa e permacerá exposta todo o mes de marzo.
O programa Galería Mulleres que difunde cada mes a figura dunha muller destacada en calquera eido cultural, político, social, etc... comezou a súa andaina en marzo do 2010, fai agora cinco anos, e nesa ocasión arrancou dedicando o mes de marzo a unha poeta e polifacética muller da Costa da Morte: María Lado.
Cinco anos despois, pasaron polo programa moitos nomes de muller,algunhas recoñecidas e outras esquecidas polos libros de texto; mulleres escritoras, pintoras, activistas, científicas, actrices,emprendedoras, etc... que mes a mes saen á luz para lembrar e poñer en valor o enorme traballo que a muller aporta á sociedade e rachar co silencio que rodea a obra de moitas delas.
O Programa serve ao mesmo tempo para lembrar que no primeiro andar da Biblioteca Municipal de Muxía, atópase a ”Biblioteca da Muller”, xa dende o ano 2008, que recolle obras sobre feminismo, igualdade, autoestima, antropoloxía, biografías, ou novelas, teatro, poesía e ensaio escrito por mulleres.
Con esta mostra, o Departamento de Cultural do concello muxiá quere “homenaxear ás mulleres en xeral, e en particular ás que día a día co seu valioso traballo dende diferentes eidos contribúen a fornecer a nosa sociedade”, explica a propia Viki Rivadulla, unha desas mulleres que xa debería estar nesta listaxe de 60 nome, pero que ao ser a armadanzas, ten pudor para incluirse.
A Igualdade ten futuro. Loitemos por ela.

Galería Mulleres de Muxía
- Febreiro 2014: Coñecendo a provocadora literatura de Susan Sontag na Galería Mulleres.
- Xaneiro 2014: Erotismo para comezar o 2015 na Galería Mulleres.
- Decembro 2014: Mary Wollstonecraft trae o ensaio feminista á Galería Mulleres.
- Novembro 2014: Un recordo por Begoña Caamaño no novembro da Galería Mulleres de Muxía.
- Outubro 2014: Quen descubríu a Virginia Wolf na Galería Mulleres de Muxía?.
- Setembro 2014: A Galería Mulleres homenaxea por setembro a Ana María Matute.
- Agosto 2014: A ceense María Canosa protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2014: A Galería Mulleres de Muxía recupera a vida da mestra Ernestina Otero.
- Xuño 2014: Unha diva do ballet para o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2014: A Galería Mulleres lembra a loita polos dereitos de Mary Shelley.
- Abril 2014: Pintura romana para seguir coñecendo mundo coa Galería Mulleres de Muxía.
- Marzo 2014: A Galería Mulleres celebra os seus 4 anos recuperando a historia nome a nome con Concha Blanco.
- Febreiro 2014: A escultura arxentina de Lola Mora protagoniza o febreiro da Galería Mulleres.
- Xaneiro 2014: A Galería Mulleres de Muxía arrinca 2014 co compromiso de Elena Poniatowska.
- Decembro 2013: A Galería Mulleres de Muxía achéganos ao mundo de Doris Lessing.
- Novembro 2013: A escultora francesa Camille Claudel chega á Costa a través da Galería Mulleres.
- Outubro 2013: Savia nova con Berta Dávila para o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2013: Un setembro heroico con María Soliña na Galería Mulleres de Muxía.
- Xullo 2013: Marta Dacosta, máis compromiso social para a Galería Mulleres.
- Xuño 2013: A escritora Marica Campo protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2013: Rebeca Baceiredo aporta pensamento á Galería Mulleres de Muxía.
- Abril 2013: A artista muxiá Eva Castiñeira na Galería Mulleres de abril.
- Marzo 2013: A Galería Mulleres de Muxía cumple 3 anos con Teresa Alvajar.
- Febreiro 2013: Fina Casalderrey. Unha académica da RAG para o febreiro da Galería Mulleres.
- Xaneiro 2013: Exeria: a primeira peregrina cristiá estrea o 2013 na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2012: Luz Pozo, poesía mariñá para a Galería Mulleres.
- Novembro 2012: Un baile con Carolina Otero dende a Galería Mulleres de Muxía.
- Outubro 2012: Anisia Miranda protagoniza o outubro da Galería Mulleres de Muxía.
- Setembro 2012: Chavela Vargas no inicio do novo curso na Galería Mulleres.
- Agosto 2012: Syra Alonso achéganos ás torturas da represión franquista dende a Galería Mulleres.
- Xullo 2012: A Galería Mulleres preséntanos á pedagoga Antía Cal.
- Xuño 2012: Remedios Varo, pintura surrealista para o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2012: Xela Arias: poesía e tradución para o maio da Galería Mulleres de Muxía.
- Abril 2012: A científica Angeles Alvariño protagoniza o abril da Galería Mulleres de Muxía.
- Marzo 2012: Aurora Marco protagoniza o mes de marzo da Galería Mulleres e se achega por Muxía.
- Febreiro 2012: O Concello de Muxía dedica o mes de febreiro da Galería Mulleres a María Reimóndez.
- Xaneiro 2012: A Galería Mulleres de Muxía inclínase ante Frida Calo.
- Decembro 2011: A Galería Mulleres lembra este mes de decembro á imprescibible Concepción Arenal.
- Novembro 2011: A Galería Mulleres recupera o compromiso de María Miramontes.
- Outubro 2011: A Galería Mulleres expón este outubro á escritora Teresa Moure.
- Agosto 2011: Luisa Villalta, na Galería Mulleres durante este mes de agosto.
- Xullo 2011: A galería Mulleres de xullo está dedicada á filósofa e profesora galega Mª Xosé Agra Romero.
- Xuño 2011: Simon de Beauvoír, unha pensadora no xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2011: María do Carme Kruckenberg, muller do maio na Galería Mulleres.
- Abril 2011: A Galería Mulleres viaxa ata Alemaña para coñecer á pintora alemá Käthe Kollwitz.
- Marzo 2011: A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía.
- Febreiro 2011: Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía.
- Xaneiro 2011: Xaneiro é o mes de Luz Darriba na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2010: A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
- Outubro 2010: Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2010: Coñecendo á actriz María Casares coa Galería Mulleres.
- Agosto 2010: A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2010: A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía.
- Xuño 2010: A escritora e pioneira feminista María Xosé Queizán protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2010: Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro.
- Abril 2010: A primeira muller membro da RAG protagoniza o mes de abril da “Galería Mulleres” de Muxía.
- Marzo 2010: María Lado estrea a Galería Mulleres do Concello de Muxía.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
- Entrevista Mimadriña: “Moita xente pequena, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos…”.
- As mulleres da Buserana alzan a voz na Costa da Morte contra a reforma da Lei do Aborto.
- 10-02-14: Accións polo dereito ao aborto na Costa da Morte.
- A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte denuncia a reforma do aborto.
- As mulleres da Costa da Morte volven expresar o seu dereito a decidir.
- As mulleres de Cee non queren rosarios nos seus ovarios.
Fonte
- Concello de Muxía, da man de Viki Rivadulla