Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Coñecendo a provocadora literatura de Susan Sontag na Galería Mulleres

Coñecendo a provocadora literatura de Susan Sontag na Galería Mulleres
Susan Sontag na Galeria Mulleres de Muxia

Un mes máis, a Galería Mulleres que artella o departamento de Cultura do Concello de Muxía, segue repasando a historia en clave feminima. Nome a nome, imos coñecendo grandes heroínas, que tanto teñen feito polo noso mundo. Hoxe imos ata NYC, para coñecer a Susan Sontag (Nova York, 1933-2004).

Esta escritora irrumpe no mundo das letras na década dos sesenta, marcando un antes e un despois. Ensaista, novelista… tamén dirixiu filmes e obras teatrais.

Sontag desdeñaba os límites entre a alta cultura e os fenómenos de masas, e o seu libro “Contra a interpretación”, - ensaios- publicado por primeira vez en 1966, convertiuse nun clásico contemporáneo cunha grande influencia no pensamento sobre a arte e a cultura.

Muller innovadora, provocadora e comprometida cos desfavorecidos, cunha voz crítica, cualificada e potente que fixo dela un mito contemporáneo.

  • Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar:
    - Sontag, Susan. CONTRA LA INTERPRETACIÓN.
    - Rollyson, Carl e Paddock, Lisa. SUSAN SONTAG. Circe.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios