1ª Autonómica: A Esteirana di adeus cos deberes feitos


Doble derbi nesta 32ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, que nos deixa un sabor triste, pois a falta de 2 xornadas a Esteirana practicamente di adeus á categoría. A pesar de facer os deberes nestas últimas xornadas, chegou tarde a reacción dos de Pedrosa, e os resultados dos Lesende, Silleda e Amio deixana ao cadro esteirán cun pé na 2ª, provocando ademais un arrastre na Liga da Costa.
Vencía o cadro blaugrana en Pedra Queimada nun fermoso partido ante o Malpica. Igual que o Baio ante o Soneira, no vivido derbi soneirán, deixando ao Baio como mellor equipo costeiro da categoría neste 2014-2015, pois xa saca, cando quedan 2 partidos, 7 puntos a un Sofán que está coa cabeza completamente metida na Copa.
Así que atentos están xa os equipos pois na ponte de maio toca sesión doble, con cita copeira a golpe de venres.

Baio - Soneira (2-1)
- BAIO: Pollo, Yago (Fachal, min.58), Porto, Norber, Mario, Martín (José, min.68), Brais, Bieito, Rubio (Ramón, min.89), Christian (Saleta, min.46) e MC.
- SONEIRA: Anxo, Cristian Figueroa, Iván Chans (Michael,m in.66), Brais Mouzo, Fran de Urroa; Mario (De la Sierra, min.79), Richi, Basti, Tajes (Brais Triñanes, min.63) e Javi.
- Goles: 0-1, min.24: Richi; 1-1, min.28: Rubio tras varios rexeites nun córner; 2-1, min.86: Porto a centro de Saleta.
Derbi soneirán no Platas Reinoso cun gran ambienta na bancada. foi un choque moi igualado no que o Baio, máis acertado, quedou con 3 puntos que o manteñen como o mellor equipo costeiro na categoría. A primeira metade foi moi igulada, con dous equipos, sen temores, que buscaron sempre a vitoria. Comezou avisando o Baio por medio de Christian e MC, pero era Richi o que adiantaba aos de Manolito. Sen tempo a disfrutalo, Rubio facía a igualada tras unha xornada na que Anxo, que volvía ao Platas Reinoso, lle facía unha boa parada a MC.
Baixou o ritmo do partido ata o descanso, pero había chegadas perigosas de ambos conxuntos. Na segunda, máis do mesmo, con dous equipos creando boas chegadas pero deixando como protagonistas a Pollo e Anxo. Tivo as súas o Soneira, pero o Baio tras unha boa xogada por banda de Saleta con combinación, o que marcaba gracias ao bo remate de Porto, cando só quedaban 5 para o remate.
Os soneiráns, que pediran un penalti por agarrón sobre Basti, non tiveron tempo a reaccionar. En todo caso, un derbi limpo e fermoso o vivido en Baio. Este é o reumo habitual que nos trae Santi Soneira:
Corme - Cordeiro (2-0)
- CORME: Javi, Pandi, Dani, Alejandro, Adolfo; Brais Torrado (Miguel Torrado, min.60), Brais, Eloy Villar (Joshua, min.65), Juan Chans (Manu Bermúdez, min.85), Lucas e Toniño (Samu, min.80).
- Goles: 1-0, min.13: Toniño; 2-0, min.62: Lucas dende o seu propio campo.
- Expulsión: Brais por dous cartóns.
Non foi rival o Cordeiro para este Corme que está en forma. A pesar das baixas, o equipo de Lentejo segue facendo unha segunda volta espectacular, e o Cordeiro non puido parar á maquinaria da marea azul. Un gol de Toniño, onte punta, no primeiro tempo, e outro de Lucas, dende o seu campo, no segundo, bastaron para quedaron con 3 puntos que os colocan xa preto do Sofán e superando a Soneira e Malpica.
Malas novas por unha banda, pola lesión de Alejo, pero o Corme celebrou o debut este ano do “xuvenil” Miguel Torrado, volvendo aos campos. O que si debutou foi o cadete Eloy Villar e houbo máis minutos para os tamén cadetes Manu Bermúdeze e Samu.
Malpica - Esteirana (0-1)

- MALPICA: Abraham; Pablo Díaz (Esteban, min.28), Marcos Amado, Rancaño, Alemán, Baba, Adrián, Fernando Varela, Rodrigo, Cololo e Joel Pereiro.

- ESTEIRANA: Ramón, Code, Simón, Dani Rama, Rafa, Martín, Andel (Pablo, min.80), Adrián (Manu, min.75), Álex (Eloi, min.90), Jose e Róber Pladur.
- Gol: 0-1, min.51: Róber Pladur aproveita un erro na saída do balón malpicán e anota.
- Lesión: o local Pablo Díaz tras un pelotazo no estómago.
- Expulsión: o visitante Andel cando xa estaba no banco.

Está a facer os deberes a Esteirana, pero se cadra demasiado tarde. O de onte en Malpica foi un partido visualmente atractivo aínda que faltaban xogadores importantes nos dous conxuntos. Puido gañar calquera, con dous equipos volcados en ataque pero os dous porteiros fixeron grandes paradas e impediron un resultado máis abultado.
Josiño marcaba un gol tempraneiro pero o colexiado o anulaba por fóra de xogo e Adrián probaba dúas veces a Abraham na primeira. Por bando malpicán, Rodrigo e Cololo tamén puideron abrir o marcador.
Pero foi na segunda cando se movería o marcador. Arrincaba cunha fermosa rabona de Pladur cun pase que non aproveita Adrián. E case que na seguinte xogada, Pladur quedaba descolgado pero un erro na saída do balón dos malpicáns lle deixaba o balón franco para que marcase.
Tivo Ramón choio e tocou salvar dúas grandes ocasións do Malpica, unha nunha fermosa vaselina de Cololo, o máis activo, e outra a tiro de Marcos Amado, de novo no campo.
A Esteirana non lle valiu o triunfo porque os resultados dos rivais non lle favoreceron. Mentres, o Malpica xa librara do descenso directo e só podería ter problemas en caso de haber un arrastre, xa que lle leva 4 puntos a Lesende e Amio cando faltan 6 por xogar.

Sigüeiro - Sofán (4-2)
- SOFÁN: Lerma (Brais Vazquez, min.46), Ceide (Javi Souto, min.46), Leilán, Sito, Seo, Míchel (Cantudo, min.46), Maneiro, Iván Rojo (Óliver, min.46), Luís, Brais (Marcos Pensado 46) e Raúl.
- Goles: 1-0, min.12; 2-0, min.28: de córner; 2-1, min.33: Leilán nunha fermosa contra individual; 3-1, min.35: en propia; 4-1, min.44; 4-2, min.86: Raúl de penalti.

Pouca intensidade nun Sofán que xa mira a Copa da Costa, confirmando unha malísima segunda volta tras ser a revelación da temporada durante a primeira metade do curso.
A primeria metade deixou sentenciado o partido cunha SD demasiado relaxada, e só cómpre destacar o debut do gardameta xuvenil Brais Vazquez, que entrou no segundo tempo e tivo unha moi boa actuación, mantendo a porta a cero. Non fixo mala segunda metade o cadro de Josito.
Novas relacionadas
Crónicas da 1ª
- X.31: Á Esteirana non lle chega con gañar.
- X.30: O Baio afunde á Esteirana.
- X.29: Unha xornada de luto para esquecer.
- X.28: Crónicas dunha difícil xornada de luto.
- X.27: A Esteirana albisca o final do túnel e o Corme confirma o seu salto.
- X.26: 1ª Autonómica: Doble derbi con sabor caseiro.
- X.25: Un derbi de porta a porta.
- X.24: O Soneira voa e o Sofán aterra, mentres Esteirana e Corme vén a luz.
- X.23: O Soneira toma o Carral.
- X.22: Unha xornada para esquecer.
- X.21: Soneira e Malpica dan a de cal, e Corme e Esteirana a de area.
- X.20: Só o Baio salva unha mala xornada costeira.
- X.19: O pechacancelas pon ao líder contra as cordas.
- X.18: O Soneira é un vendabal.
- X.17: A 1ª Autonómica comeza o ano cun Derbi Costeiro.
- X.5: O Malpica logra un empate para esquecer.
- X.16: Pechando o 2014 cun líder sólido e un derbi de infarto.
- X.15: Menudo doble derbi.
- X.14: Uns gañan e outros perden.
- X.13: A SD escapa.
- X.12: Tres vitorias por arriba e tres derrotas por abaixo.
- X.11: O Sofán non cede nin co Malpica.
- X.10: O Sofán non para e o Malpica sae do descenso a costa do Corme.
- X.9: O Malpica frea o Baio e o Sofán alcanza o liderato a costa do Corme.
- X.8: O Baio é moito líder.
- X.7: Os líderes da 1ª son da Costa.
- X.6: O Baio non perdoa e o Soneira pode co Sofán.
- X.5: Trío de cabeza con susto.
- X.4: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente.
- X.3: 3 costeiros no grupo de arriba.
- X.2: Xa temos líder tras unha xornada co primeiro derbi.
- X.1: A 1ª Autonómica comeza para os nosos costeiros.
Crónicas da semana
- Preferente: Xa pensando na Copa.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Resultados e análise dunha xornada clave no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colaboran Oscar Basalo, Martín, SD Sofán, Luís Porto, CD Baio e Fin Lema.