Venres. 26.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Zas, Outes e San Lorenzo manteñen o pulso mentres Montelouro e Seaia complican a salvación

2ª Autonómica: Zas, Outes e San Lorenzo manteñen o pulso mentres Montelouro e Seaia complican a salvación
Rubio celebra un gol importante ante o Bainas-Foto-Paula Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Xornada completa esta a 32 da 2ª Autonómica - ES Bazarra, con só dúas para o remate. O Outes devolvía a emoción á Liga da Costa a semana pasada, e o cadro da Serra mantén o pulso con Zas e San Lorenzo polo título e tamén pola praza de Promoción. O Zas sufría para manter o liderato pero acababa vencendo ao Baíñas e segue cun punto de diferencia ante o cadro da Serra, que superaba o Cabana. Ademais, o San Lorenzo, a 2 do liderato, aproveitaba a visita do feble pechacancelas para coller un bo colchón de goles, por se hai empates.

Por abaixo, 4 equipos pelexan por evitar 2 prazas de descenso, a que oficial que acompaña ao Camelle e a que provoca o arrastre da Esteirana o Porteño ten 32, polos 31 do Cabana, os 28 do Montelouro e os 27 do Seaia. Teñen as cousas complicadas loureáns e malpicáns en todo caso. O Montelouro ten o Cabana a 3 puntos, que en realidade son 4 pois o golaverage individual está a favor dos cabaneses, que de vencer a semana que vén ao Baíñas salvarían a categoría, igual que o Porteño ante o Volantes tamén en casa. O Seaia necesita unha milagre, pois recibe ademais a un Outes en plena pelexa polo título e ademais de gañar os dous partidos necesitan que fallen os 3 rivais directos.

Atentos están xa os equipos pois na ponte de maio toca sesión doble, con cita copeira a golpe de venres.

San Lorenzo - Camelle (14-0)

  • SAN LORENZO: Diego (Puyol, min.46), Rudi (Rubén, min.55), Pablo Novo (Kevin, min.46), Cachizo, Álex Taibo, Adrián Fraga, Fuentefría (Schuster, min.46), Canay, Javi Pensado, Juni e Óscar Suárez (Joaquín, min.46).
  • CAMELLE: David, Roi, Cristian, Arnosi, Valiña, Iván, Pasantes, Currás, Sergi, Tajes e Álvaro.
  • Goles: Juni (5), Canay (2), Javi Pensado (2), Fuentefría (2), Joaquín, Shuster e Adrián Fraga.

Con 7 xogadores e 4 lesionados, e un xogador baixo paus, se prantaba o sempre tocado Camelle en Verdillo. E enfronte, un San Lorenzo que como ten empatado o golaverage individual con Outes e Castriz necesitaba goles para ampliar a renda no xeral. E abofé que o conseguíu, non pisou o freo un segundo e colle boa vantaxe, tendo ademais o individual a favor co Zas.

Queda todo por decidir arriba mentres por abaixo está desexando que remate este suplicio o cadro camariñán.


Fisterra - Porteño (1-0)

  • FISTERRA: Norberto (Ángel), Juan (Naranjo), Julito, Santi, Manuel Cartamil, Noé (Aitor), Roco, Guardiola, Rubia, Pablo Lestón e Adrián (Mané).
  • PORTEÑO: Suso, Oli (Mario, min.60), Curra, Maikol, Pejo, Camaño, Iago, Cristian (Jose, min.55), Meu Lar (Marcos, min.50), Roi (Rodri, min.52) e Iván.
  • Gol: 1-0, min.55: Guardiola de falta pola escuadra.

Un gol de Guardilal pola escuadra valeu para que o Fisterra levase 3 puntos que lle viñan de marabilla ao Porteño para finiquitar a salvación. Pero un choque igualado, con poucas ocasións pero algunha clara, para os dous equipos, como un par de balóns á madeira e un par de mans a man dos visitantes.

Os locais mantiñan o control do balón, e chegaban a liña de fonfo, pero o Porteño sacaba algunha contra perigosa.

Un empate tería sido máis xusto neste choque limpo.


Volantes - Seaia (6-3)

  • VOLANTES: Rubén, Juan, Picho, Mingos, Javi, Jesús (Moja), Brais, Miguel, Fran (Marcos), Ivi e Piti.
  • SEAIA: Illote, Adra, Vistas, Eme, Adrián, Parga, Tato, Nando, Javi, Felipe e Camilo.
  • Goles: 1-0, min.9: Juan de cabeza nun córner; 2-0, min.20: Piti; 3-0, min.35: en propia; 4-0, min.48: Fran; 4-1, min.57: Eme de falta; 5-1, min.61: Piti; 5-2, min.65: Tato; 5-3, min.70: Eme de falta; 6-3, min.71: Jesús.

Partido de tenis o xogado en Muros non que non parecía que o Seaia se xogaba o descenso. Á media hora o cadro laranxa mandaba 3-0 no marcador, nun partido sen demasiada intensidade, pero moitos goles.

Parecía que o cadro malpicán se metía no partido cos tantos de Eme e Tato, pero Jesús facía a puntiña e o partido remataba frouxo. Un cadro malpicán que chegaba xusto e que protestou a actuación arbitral, clave xusto cando a remontada parecía posible.


Outes - Cabana (4-2)

  • OUTES: Gato, Borja, Jura (Martin lago), Saúl, David, Martín, Samuel (Chía), Piki (Babu), Mario, Elías (Rafa) e Yago (Fabio).
  • CABANA: Añón, Raúl, Pepe, Aurelio, David Varela, Diego Varela (Miky), Josiño, Moreno (Manolo do Cruceiro), Fernando (Dani Mato), Reigia (Álex) e Iván Mato (Berti).
  • Goles: 0-1, min.6: Iván Mato; 1-1, min.28: en propia; 2-1, min.31: Elías; 3-1, min.44: David de penalti; 3-2, min.44: Pepe; 4-2, min.62: Mario.

Meteulle o medo no corpo este Cabana cheo de xuvenís (que competiron moi ben e con moita personalidade) ao Outes, nun choque no que os dous necesitaban os puntos pero que gañou o equipo que vai máis arriba. Empezou mal o equipo local e o Cabana se colocaba por diante. Pero pouco a pouco foi collendo o mando o equipo de Manu Roque. Cun pouco de fortuna nun gol en propia empataban o partido e Elías e David dende os 11 metros colocaban unha boa vantaxe. Pero ao fío do descanso Pepe facía o 3-2 e deixaba todo aberto para a segunda.

Non dubidou o Outwes que foi polo partido na segunda, e Mario sentenciaba pronto, acabando así cunha última media hora sen demasiada tensión.


Ponteceso - Cee (2-0)

  • PONTECESO: Brais, Kevin (Dani Valle, min.56), Moscoso (Pablo Márquez, min.65), Dani Cotelo, Diego Collazo, Martín Puente (Youssef, min 73), Alberto Recarey, Mendieta, Dieguito, Christian Martínez (Brais, min.20) e Eloy.
  • CEE: Maikel (Carlos Leis, min.20), Jorge (Iván Ferreiro, min.80), Dani Freire, Borja, Aitor, Paco, Josiño, Isma (Alex, min.75), Chiru (Chema, min.65), Leo e Juan.
  • Goles: 1-0, min.10: Alberto Recarey; 2-0, min.20: Christian Martínez.
  • Lesión: o local Christian Martínez cun nocello tocado e o visitante Maikel, obrigando a Aitor a poñerse baixo paus.

Corroboraba a seúa permanencia na 2ª o Ponteceso vencendo ao Cee nun choque moi igualado pero no que o cadro de Barca aproveitou un comezo relaxado dos ceenses para adiantarse e deixar o partido encarrilado nos primeiros 20 minutos. A partir de aí o Ponteceso tivo o control total do encontro tanto no restante da primeira metade como na saída da segunda.

Pero o cambio de sistema de Rafa, a pesar de que a lesión de Maikel obrigaba a poñer ao xogador de campo Aitor baixo paus, cambiou o ritmo do partido e o Cee acabou dominando, a pesar de que co baixón físico o Ponteceso rematou mellor.

O máis destacable do partido é que houbo 3 penaltis, 3 penaltis fallados polos Leo por bando local, e dos locais o primeiro foi parado por Aitor e o segundo enviado fóra por Alberto Recarey..


Mazaricos - Montelouro (4-2)

Mazaricos-Montelouro-Foto-Edu Olveira
  • MAZARICOS: Pejo, Chico, Matías, Ramón, Ricardo, David, Estéfano, Miguel (Casais), Esteban (Ferreiro), Pereiro e Chenel (Tuco).
  • MONTELOURO: Fernando, César, Pablo, Abel (Benja, min.60), David, Geiko, Riky, Edu, Gelo (Ancho, min.70), Dani Deza e Raúl.
  • Goles: 1-0, min.7: Miguel; 2-0, min.40: Pereiro; 2-1, min.60: Geiko; 2-2, min.80: Dani Deza de penalti; 3-2, min.85: David; 4-2, min.89: Estéfano.
Mazaricos-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Mal partido dun Montelouro con moitas baixas, que se viu dominado por un bo Mazaricos en todas as facetas, e que fixo un bo partido sobre todo ofensivamente pero non tanto atrás. Así e todo, o Montelouro tamén tivo as súas ocasións claras, e conseguía meterse no partido na segunda metade, e mesmo empatalo cando quedaban só 10 minutos, pero con todo o equipo volcado o Mazaricos sacaba dous mazazos que mataban o choque deixando ao Montelouro moito tocado, pois que se lle complican as cousas, estando 3 puntos por debaixo do Cabana, e co golaverag individual en contra.

Mazaricos-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Carnota - Buño (1-0)

  • CARNOTA: Luís de la Peña, Niko (Berni), Ferreiro, Pedro Pichín, Tono da Caixa; Raúl (Manolo Chouza), Nakata, Cano, Pumuki (Míchel), Manuel Luís (Pablo Beiro) e Robi.
  • BUÑO: Toni; Miguel, Diego, Rubén, Casais; Juan, Emilio (David Dourado, min.70), Jorge Calvete, Jorge Pombo; Dani (Uru, min.65) e Charro.
  • Gol: 1-0, min.80: Niko de centro que se envelena e entra pola escuadra.

Mereceu sacar algo positivo o Buño na súa visita a Carnota nun partido aburrido sen apenas fútbol, entre dous equipos que non se xogaban nada, no que un afortunado gol local de centro-chut de Niko no tramo final desequilibriou o marcador e o partido. Ata ese momento, o Carnota tiña a posesión pero un Buño moi ordenado defendíase ben e salía con perigo cun Juan inspirado. O Carnota tivo un par de chegadas por medio de Ferreiro e mandou ao pau e Robi.


Baíñas - Zas (1-2)

Zas-Bainas-Foto-Paula
  • BAÍÑAS: David, Rodri, Mario, Luís (Samu, min.60), Héctor, Iván (Cris, min.60), Vilas, Tasky, Esteban (Llanero, min.60), Jaime e Javi Suárez.
  • ZAS: Tívoli, Josito, Pereiro, Isma, Vecino, Canedo (Pablo, min.86), Manu, Dani, David Blanco, Rubio (Abel, min.83) e Álex Flores.
  • Goles: 1-0, min.23: Vecino nun córner que bota Josito; 2-0, min.67: Rubio a centro de David Blanco; 1-2, min.83: Javi Suárez de penalti cometido sobre Jaime.
  • Expulsión: o local Isma, min.82 no penalti.
Ambientazo en San Andres para o derbi da montana-Foto-Paula

Fermoso derbi montañés con gran espectación. Máis de 250 espectadores en Vimianzo para un partido especial para moitos, como a familia Muíño, cun xogador en Baíñas, pero ex do Zas, e un directivo no Zas. O >as necesitaba os 3 puntos para manter o liderato e o Baíñas o puxo moi complicado, de feito tivo o empate na última xogada do partido cando Llanero marcou pero o colexiado invalidou por un dubidoso fóra de xogo. De feito, os dous equipos tiveron moitas queixas da arbitraxe.

Arrincaba o choque cun penalti sobre Dani, que David lle paraba a Canedo. O Zas tiña máis ao balón na primera metade, pero o Baíñas era quen de combinar por momentos. David Blanco avisaba ao cuarto de hora e Vecino, pouco despois, adiantaba aos de Iván Cancela. O propio Vecino tería o segundo antes do descanso, e David Blanco mabda unha vaselina ao pau nada máis comezar a segunda. Comezaba o Baíñas aparecer pola área rival e Tívoli tiña que sacar unha boa man a unha contra de Javi Suárez.

Comezaban as xogadas polémicas, cun gol de Álex Flores que o colexiado anulaba por unha suposta falta ao porteiro, pero pouco despois Rubiofacía o segundo tras unha boa xogada entre ambos e Álex. Un Álex que tivo a sentenza a porta baleira pero na seguinte xogada o colexiado sinala penalti e expulsa a Isma. Javi Suárez anota e o Zas treme, chegando ese gol anulado a Llanero que puido cambiar o rumbo do partido e da Liga.


Camariñas - Castriz (0-2)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Sule, Martín, Piti (Brais, min.75), Nico, Pereira, David, Javi (Saviola, min.70), Moriño (Martín, min.75), Ismael (Denís, min.65) e Yuyo.
  • CASTRIZ: Diego, Dani Martínez, Martín Uru (Sergio Gerpe, min.30), Félix, Alex, Cili, Adrián Prol, Adrián Beiroa (Canay, min.80), Chinda, Luís e Agra.
  • Goles: 0-1, min.46: Adrián Prol aproveitou unha incedisión da defensa local; 0-2, min.80: Luís dende fóra da área.

Partido bonito, vistoso e con ritmo, onde o Castriz, que fixo un gran partido, levou os puntos pois estivo máis acertado, ante un Camariñas que se atopou cun Diego imperial. Unha indecisión e un tiro de fora da área de Luís chegoulle ao Castriz para manterse aínda matematicamente con opcións.

Parece que pasou a tormente en Camariñas despois do lío dos xuvenís da semana, pero aínda hai consecuencias, como a presencia no Hermanas Patiño dun trío arbitral.


Novas relacionadas

Crónicas da Liga da Costa

Comentarios