Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres de Muxía lembra a historia de Ana Frank

A Galería Mulleres de Muxía lembra a historia de Ana Frank
Ana Frank na Galeria Mulleres de Muxia

Nacida en xuño de 1929, en Alemaña, Ana Frank é parte da historia contemporánea e precisamente por iso a Galería Mulleres da Biblioteca de Muxía quere recordar ben a súa lenda. Ana é mundialmente coñecida polo diario que escribe dende a clandestinidade, oculta coa súa familia para escapar da persecución nazi. Ana era xudía.

Durante dous anos toda a familia permanece oculta nun faiado, tras as oficinas onde traballaba seu pai. En 1944 son descubertos e enviados a un campo de concentración. Ana morre no campo de concentración de Bergen- Belsen, en 1945.

O seu legado, en forma de diario, conta a historia da familia, os seus sentimentos e a barbarie nazi. É un documento estremecedor escrito por unha nena de 13 anos, que soñaba con ser escritora e xornalista.

O seu pai, o único que sobreviviu á guerra, publicará o diario da súa filla, testemuña de enorme valor para toda a humanidade. O pai continuou toda a súa vida loitando polos dereitos humanos.

Desgrazadamente, o relato de Ana Frank segue plenamente vixente ante o horror da guerra que padecen milleiros de nenos e nenas en distintas partes do mundo.

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar o “Diario de Ana Frank”.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios