Venres. 13.12.2019
El tiempo

Filosofía grega para o xuño da Galería Mulleres muxiá

Filosofía grega para o xuño da Galería Mulleres muxiá
Hipatia de Alexandria na Galeria de Mulleres de Muxia

Este xuño de 2015, a Galería Mulleres que artella Viki RIvadulla á fronte do Departamento de Cultura do Concello de Muxía, volve ao pasado. Queren lembrar o legado de Hipatia de Alexandría (Alejandría, 370 - 415), esta matemática e filósofa que recorda que na Antiga Grecia tamén había mulleres que cambiaban o mundo, a pesar do seu tráxico final.

Filla do matemático Teón, profesor do Museo de Alexandría, Hipatia foi máis alá có seu pai, interesandose pola filosofía e expricando as teorías dos filósofos gregos , sobre todo Platón e Aristóteles . Ademais escribía os seus propios textos filosóficos. Conseguiu un nivel cultural enorme, e era considerada sabia e consultada na súa sociedade .Era visitada por moitos interesados no pensamento filosófico.

Interesouse tamén pola astronomía, elaborando táboas dos movementos e os corpos celestes. Foi unha muller adiantada ao seu tempo que gañou co propio traballo o prestixio e respecto da comunidade , nun mundo masculino que deixaba pouco espazo á formación das mulleres.

O seu prestixio e as súas ensinanzas baseadas na racionalidade, foron creando envexas en torno a ela. Sobre todo por parte do bispo Cirilo e os seus seguidores cristiáns. Vítima deste clima de envexa, misoxinia e de tensións políticas, foi torturada, asasinada e queimada.

Hoxe segue a ser un icono da sabiduría e un símbolo do pensamento libre fronte á intolerancia.

As mulleres filósofas foron silenciadas e desautorizadas sistematicamente, a pesares de seren mulleres con autoridade na súa época – o que provocou e moitas ocasións a desaparición da súa obra ou a falta de lexitimidade da súa produción científica.


Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar:

  • Dzielska, María. “Hipatia de Alejandría”.
  • Álvarez Lires, Mari e outras. “Las científicas y su historia en el aula”.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios