Martes. 16.04.2024
El tiempo

Olympe de Gougues chega á Galería de Mulleres de Muxía

Olympe de Gougues chega á Galería de Mulleres de Muxía
olympe de gougues galeria de mulleres muxia Chega a nova entrega da Galería de Mulleres que artella a biblioteca municipal de Muxía e coa se fai un repaso da historia en clave feminista. A heroína do mes de marzo lévanos ata Francia para coñecer a Olympe de Gougues; autora da "Declaración dos dereitos da muller e da cidadá". Olympe de Gougues (Montauban, 1748 - París 1793) empregou a escritura para defender as súas ideas criticando desigualdades sociais da súa época como a escravitude dos negros. Os seus pensamentos enfrontárona con Robespierre, aínda sabendo que a súa vida corría serio perigo. Unha das súas publicacións máis destacadas é a "Declaración dos dereitos da muller e da cidadá". Ningún dos seus escritos políticos pasou desapercibido e neles buscaba que as mulleres racharan o contrato sexual que lles impedía a participación na sociedade. Olympe de Gougues foi guillotinada en París no ano 1793. Na biblioteca da Muller de Muxía dispoñen de máis información da protagonista do mes.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios