Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: Cabo C ou Cabo Cee

Recuncho da Costa-Cabo C Corcubion
Recunchos da Costa: Cabo C ou Cabo Cee
Sen entrar en disputas sobre a toponimia, o Cabo C ou Cee, na esquina de Corcubión, ten unha situación privilexiada. Dende aí podes gozar o triángulo máxico do Monte Pindo, o Carrumeiro e as Illas Lobeiras e a silueta do Promontorio Nerium fisterrán.

Aí está, o monte Pindo e as súas cores variadas á nosa esquerda. As illas Lobeiras fican pequeniñas en fronte de nós. E á banda dereita, polo oeste, luce preciosa canda o solpor a silueta de Fisterra, o símbolo por excelencia da nosa bisbarra.

Para chegar partiremos da zona de Quenxe, dende onde sae unha estrada na que están, aínda, realizando as obras dunha necesaria e fermosa senda peonil. Polo camiño atoparemos o fermoso castelo do Cardeal, que custodia a ría xunto co de Ameixenda, e a caliña do Casteliño, un auténtico tesouro.

O Carrumeiro dende o Cabo C-Foto- Aquiles Garea
O Castelo do Cardeal co Monte Pindo de fondo
Cabo Cee de Corcubion vista aerea
Vista aérea do Cabo C, co Faro e o campo do Novo Cubaleiro
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Vistas dende Ameixenda, co Cabo C en primeiro lugar e a silueta de Fisterra por detrás

Como chegar

Baixando dende Cee ata Fisterra, ao pasar o centro de Corcubión e logo de pasar o Xulgado, 400 metros máis arriba hai que coller un desvío á esquerda por diante do cemiterio. Pasaremos entre a urbanización pantasma de Quenxe e a deixaremos atrás rodeando a costa. Pasamos por diante do Castelo do Cardeal, ata chegar a un cruce, no que temos que coller á esquerda para dar co cabo.

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios