Luns. 16.09.2019
El tiempo

A Galería Mulleres de Muxía homenaxea a Eli Ríos

A Galería Mulleres de Muxía homenaxea a Eli Ríos
eli-rios-galeria-mulleres-muxia Eli Ríos chega á Galería Mulleres da biblioteca municipal de Muxía – dirixida por Viki Rivadulla –. Esta escritora naceu en Londres "ao mesmo tempo que o punk rock", tal e como ela di, ainda que ao pouco tempo regresou ás terras de Ordes onde se criou e despois de "moitas voltas e reviravoltas" instalouse ao pé do Castro de Elviña. Acaba de acadar o premio Torrente Ballester 2016 de narrativa co seu traballo "Luns". Xunto con estes, tamén recibiu os seguintes premios: - XII Premio de Poesía Concello de Carral no 2009, por "Nós escoitando o badalo de marienplatz". - IV Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2009, por "Rúa da Cancela". - I Premio de Poesía Figurante no 2013, por "Maria". - II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey no 2014, por "Anamnese". - XVIII Certame Francisco Añón de Poesía no 2014 por "Doe tanto a túa ausencia". - Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes en 2014, por "Diario de fotogramas". - Gañadora do Premio Modesto R. Figueiredo en 2014, por "Remexido de patacas". - Gañadora do XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración de 2014, por "Bicha". - I Premio de Poesía Rosalía de Castro en 2015, por "Café intenso". Ademais, Eli Ríos colabora como crítica literaria na revista dixital de crítica literaria A Sega. E este ano publicou na serie "Mulleres Bravas da nosa historia" o volume sobre María Victoria Moreno.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios