Martes. 19.11.2019
El tiempo

Ecofeminismo dende a India para o maio da Galería Mulleres

Ecofeminismo dende a India para o maio da Galería Mulleres
Vandana Shiva na Galeria Mulleres de Muxia

Seguimos da man da Galería Mulleres da Biblioteca da Muller de Muxía, coñecendo a historia do noso mundo en feminino. Hoxe, Viki Rivadulla preséntanos a Vandana Shiva, unha física, filósofa, activista e pensadora do ecofeminismo, nada en Dehradun (India) en 1952. Esta doutora en Física recibiu o Premio Nóbel Alternativo en 1993.

Shiva decatouse de que os grandas plans agrícolas que viñan do “primeiro mundo”, non tiñan en conta a sabedoría dos campesiños locais, cuio saber ancestral e prácticas agrícolas e gandeiras lograban manter viva unha economía sustentable. Eran plans mediante os cales Occidente roubaba o futuro das comunidades locais, empobrecend os países do “terceiro mundo”.

Tamén viviu a experiencia de como ás mulleres se lles arrebataba mesmo o contro do seu corpo, xa non das terras. Por iso Vandana defende o ecofeminismo e ecanbezou a resistencia de mulleres Chipko (literalmente “Abrazadas ás árbores” contra a tala incontrolada de árbores na india, que provoca a desertización.

Puxo en marcha un programa de conservación da biodiversidade chamado “Semente da liberdade” (Navadanya), nunha granxa en Nova Delhi. Alí traballan un grupo de mulleres protexendo sementes autóctonas, símbolo do futuro independiente.

Vandana ten numerosas publicacións, e é unha destacada líder do movemento antiglobalización.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios