Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Helena Villar Janeiro protagoniza a Galería de Mulleres da biblioteca de Muxía

Helena Villar Janeiro protagoniza a Galería de Mulleres da biblioteca de Muxía
  Helena Villar Janeiro protagoniza a Galeria de Mulleres de Muxia Abril chega á biblioteca de Muxía con Helena Villar Janeiro como protagonista da Galería de Mulleres. Esta escritora, nada en Becerreá no 1940, publicou en varios xénero prestándolle unha especial atención á literatura infantil e xuvenil. pertenceu ao colectivo poétivo Cravo Fondo e entre os anos 2005 e 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega. Foi cofundadora do Gálix e vicepresidenta da primeira xunta directiva. Helena Villar Janeiro licenciouse en Filosofía e Letras, na sección de Pedagoxía, pola Universidade de Madrid. Exerceu de profesora de ensino primario e secundario ata a súa xubilación no IES Xelmírez I de Santiago de Compostela. Está casada co tamén escritor Xesús Rábade Paredes e é nai da poeta, profesora e investigadora María do Cebreiro e do músico Abe Rábade. Unha boa parte das súas publicacións están relacionadas co ensino e coa educación e foi membro do gabinete para a Reforma Educativa de Galicia e Coordinadora Docente de Lingua Galega. Ademais ten unha extensa obra literaria de poesía, narrativa, ensaio e literatura infantil e xuvenil coa que acadou numerosos premios. O seu intenso labor cultural e creativo levouna a colaborar con artistas plásticos e realizar exposicións de fotografía. Helena Villar publica de forma moi activa no seu blog. Na biblioteca da Muller de Muxía dispoñen dunha boa parte da obra da escritora protagonista do mes de abril.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios