Recunchos da Costa: As Caldeiras do Castro

Foto: Javimos

Outro dos recunchos obrigatorios e necesarios que cómpre ensinar a todo visitante, é o que alberga o río Castro no lugar de Trasufre. As Caldeiras do Castro (Modesto García Quintáns axúdanos a descrubrir o por que do seu nome) é un dos recantos fluviais máis fermosos da comarca.

Relativamente accesibles gracias a unhas malladas escaleiras de madeira, podemos adentrarnos nestas marabillosas pozas, para mergullarnos e ver a fauna acuática; podemos darnos unha ducha embaixo da caída principal; pero tamén podemos percorrer o sendeiro que vai polo lado dereito do río, e observar zonas rochosas de curioso cor branco así como unha serie de muíños comidos pola natureza.

Zonas rochosas no Río Castro

Se durante o verán xa é un lugar de culto, e as rochas de ambos lados están ateigadas de visitantes e mocidade, durante o inverno a cantidade de auga é un espectáculo tremendo.

As Caldeiras do Castro en 1900

Como chegar

 

Máis info::

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA