Recunchos da Costa: A Pedra da Serpe

A pedra da Serpe é un dos cruceiros máis curiosos e misteriosos da Costa da Morte. Situado nas faldas de Gondomil, curiosa aldea preto de Corme (Ponteceso), este monumento aínda non ten datada a súa orixe. Se ben o culto á serpe xa aparece en tempos prehistóricos, a cruz (restaurada) amosa ben a loita da relixión cristiá para apagar os cultos pagáns.
É a base do cruceiro onde podemos atopar a figura da “serpe alada” (relacionada tradicionalmente coa fecundidade ou como elemento demoníaco), un feito moi pouco habitual na cultura occidental, coa cabeza ben definida e coa cola rematada en punta triangular.
"A pedra da Serpe encerra moitos misterios", recoñece Suso Lista. “Que foi antes, a lenda ou a pedra da Serpe?”, pregúntase deixando claro o encaixe deste "dragón de Gondomil" na lenda de Santiago, no marco da Via Stella, e p
ten relación sobre o reino Suevo, sobre o triunfo dos cristianos sobre os gnósticos priscilianistas.
Como non podía ser doutro xeito, varias lendas falan sobre a pedra, como que foi Santo Hadrián o que loitou contra unha praga de serpes, conseguindo facelas desaparecer e deixándosas encantadas baixo esta pedra despois de petar forte cun pé no chan.
Lista, en calquera caso, deixa ver que este Hadrián realmente refírese ao emperador romano Adriano, famoso polo seu culto ao sol.
Rutas
A pedra sitúase ademais no marco da ruta circular PR-G 148 (ver en wikiloc que une Ponteceso e Corme vendo lugares tan singulares como a Casa de Pondal, o paseo fluvial da desembocadura do Anllóns, o malecón do Couto, o mirador do Monte Branco, a praia de Balarés, Gondomil e a súa Pedra da Serpe, a praia da Ermida, a praia do Osmo e a propia vila cormelá.
Como chegar
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- A Torre do Faro de Brantuas.
- A aldea medieval de Riobó.
- Cabo C ou Cabo Cee
- A Fervenza de Castriz.
- A praia de Niñóns.
- Praia de Gures.
- Os Secadoiros de Congro de Muxía.
- Praia de Arnado.
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.