Jou, jou, jou.
Xa chegou o Nadal. Toca recibir as felicitacións de aqueles que non nos falaron durante todo o ano, enviar wassaps ata colapsar a aplicación, cambiar a mazá e o iogur de todas as noites pola igualmente frugal cea protocolaria: salpicón de rape, vieiras ao forno, cigalas, bacallau, carne asada, flan, brazo de xitano, natillas, polvoróns, mazapáns, café, copa, puro e puta – e uva, digo. O da puta logo do café, da copa e do puro era cousa de Cela cando lle deron o Nobel-.
Bueno, pois iso, que me disperso. Se non resulta suficiente lidiar co trauma que supón asistir á chegada de tanta xente nun curto periodo de tempo, das panxoliñas soando polas rúas, e da iluminación charramangueira dos escaparates, aínda hai que aturar os anuncios do turrón, do cava catalán e do espumoso de alvariño. Hai que foderse. Porque decidir non formar parte desta farándula non é unha opción. Pero eu tomo precaucións, co fin de paliar un pouco isto, e deixo aviso de que, se me vedes estos días por ahí, non me veñades a marear coas vosas teimas. Nin feliz ano nin payasadas do estilo; os próximos trescentos sesenta e cinco días resultarán como teñan que resultar independientemente de que mos desexedes própesperos.
- Abraham, tú viste la peli “ El Grinch”?
- No. Pero ya sé, sí. Ese bicho verde, soy yo. Lara me lo dice mucho por estas fechas.
Do da encarnación do fillo de Deus, mellor non falar. Porque nin a Eirexa se preocupa por coidar o significado da data. Anda preocupada por asegurarse de que outros lle aguanten do patrimonio.
O concello de Vigo, que vai camiño de ser o máis ordinario do país, leva dando a matraca coas luces dende setembro. E o de Corcubión, máis discreto, manda unha postal de Samaín as casas dos veciños – e veciñas – esperando que pasen boas festas.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- De Casares Quiroga a La Flor del Jamón pasando por Juan Carlos Monedero
- Aire!
- Merca o décimo e que che quiten o bailado.
- Álvaro Pombo existe.
- Vai por tempadas.
- Defuntos
- Amancio Prada e os que van con el.
- A apoloxista de Cortázar
- “A muller de ollos mouros e intensos”
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez