Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres recupera a historia de Alice Guy, a primeira cineasta

A Galería Mulleres recupera a historia de Alice Guy, a primeira cineasta
Alice Guy na Galeria Mulleres

Foi a A primeira cineasta, primeira directora, ademais da primeira produtora executiva de cinema. De aí que a Galería Mulleres de Muxía queira seguir facendo historia a través de grandes nomes femininos con Alice Gay (Francia,1873-1968).

Porque lamentablemete cando se evoca as orixes do cinema, só lembranos nomes como os dos irmáns Lumière ou Georges Méliès, pero esquécese a Alice Guy, a primeira muller en utilizar o cinema para contar historias de todos os xéneros. A pesar de ter ás súas costas centenares de títulos, incluída a primeira superproducción da historia, (A paixón de Cristo, en 1906,rodada nos exteriores de Fontainebleau con máis de trescentos extras e unha vintena de decorados) o seu nome foi sepultado no esquecemento. Foi a primeira persoa que fixo ficción en cinema. Foi a inventora do videoclip. Foi a realizadora da primeira película protagonizada por persoas de raza negra. Foi pioneira nos efectos especiais. Ademais, conseguiu dar os primeiros pasos no cinema sonoro: logrou ser a primeira en sincronizar o son coas imaxes.

Cando en 1895 os irmáns Lumière presentan o cinematógrafo, Alice Guy viu que podía chegar a ser unha ferramenta para contar historias. Guy propúxose levar o cinema a outro nivel. Un ano despois da creación do cinema como técnica, ela converteuno en arte: ”The Cabbage Fairy e”era unha curta na que unha muller plantaba repolos dos que saían nenos. The Cabbage Fairy é a primeira película de ficción da Historia.

Realizou avances técnicos coma as primeiras películas en cor ou as primeiras películas con son. Alice Guy foi, indirectamente, a inventora do videoclip musical. Estivo 24 anos en activo, moito máis que os seus contemporáneos masculinos que si chegaron a formar parte dos libros de historia. Filmou unha película con temática feminista utilizando o humor como vaselina. En “As consecuencias do feminismo” de 1906, os roles das personaxes invístense en forma de parodia divertida e sarcástica que mostra o absurdo da desigualdade de xénero.

En 1913, Alice Guy escribiu Womans place in Photoplay Production, unha denuncia á exclusión e o esquecemento no que se estaban quedando as mulleres no mundo do cinema. Reclamou a autoría da súa obra sen éxito, xa que naquela época, as películas non estaban asinadas polo seu director senón pola compañía que as financiaba e as súas obras pasaron á historia a nome do seu esposo, ou os seus directores de fotografía. E así, acabou sepultada polo sexismo da industria.

Existen dous libros que contan a verdadeira historia de Alice Guy: Inventing the Movies: The Life of Alice Guy Blaché, the First Woman Filmmaker e Alice Guy Blaché, Lost Visionary of the Cinema (2008) de Alison McMahan.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios