Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Corcoesto Si quere involucrar aos EuroDeputados españois

Corcoesto Si quere involucrar aos EuroDeputados españois
O emprego é o gran argumento dos colectivos a favor da mina de Corcoesto

A Asociación Corcoesto Si Mina Si decidiu remitir un escrito aos parlamentarios europeos para achegarlles a realidade social e laboral da comarca na que pretende realizarse o proxecto minero de Corcoesto. A entidade recolle que as mensaxes que se están a lanzar "non reflicten o sentir real da poboación da comarca de Bergantiños" e as califica de "marcado acento político".
Corcoesto si considera que "a demonización e o descrédito deste proxecto prodúcense a diario por estes colectivos con informacións que non teñen base científica e que na maioría dos casos parecen destinadas únicamente a desinformar e a causar confusión na poboación".

Recuperan o argumento do paro, dixando ver que os sectores agrícola, textil, pesquero e construción "atópanse en clara recesión supoñendo un freo para a expectativas, principalmente, da xente nova" e volven lanzar cifras indicadas pola Xunta como a de "1.600 postos de traballo, para os que a empresa recibiu xa máis de 14.000 solicitudes".

Así, Corcoesto Si, pretende, con esta acción, "chamar a atención dos eurodiputados", e se ben "defende que a aprobación debe estar supeditada á lexislación europea vigente en materia medioambiental e minera, recordando que, no caso que nos ocupa, é a máis estrita do mundo". Recordan as 7.000 sinaturas asinadas ademais dos apoios políticos cos que contan.

Augas de Galicia disposta a modificar un cauce dun río pola mina

E hoxe mesmo, recollemos unha nota do director de Augas de Galicia na que lembra que a empresa Edgewater aínda non ten as autorizacións necesarias para a explotación mineira, polo que asegura que "non está a tramitar o desvío do Rego de Lourido".
Ademais, avanzou que a empresa aínda non entregou toda a documentación necesaria en relación co posible desvío do rego. Así o manifestou hoxe Francisco Menéndez na súa intervención na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.
Menéndez concretou que a actuación de canalización do rego, no caso de que finalmente a explotación mineira vaia adiante, sería executada a cargo da empresa, esixindo Augas de Galicia a garantía de que se realiza coas mellores condicións ambientais. Francisco Menéndez aclarou que a promotora da citada actuación será a quen lle corresponda o custo destas obras no rego Lourido, no caso de que se leven a cabo.

Para máis información e asinar a petición

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios