Sábado. 25.05.2019
El tiempo

A Galería Mulleres de Muxía homenaxea á feminista Fadela Amara

A Galería Mulleres de Muxía homenaxea á feminista Fadela Amara
A biblioteca municipal de Muxía ríndelle durante este mes de maio a súa particular homenaxe a Fadela Amara no marco da súa Galería Mulleres. Feminista e activista pola liberdade das mulleres dos barrios obreiros Fadela Amara naceu en Clemont-Ferrand - Francia - no ano 1964 no seo dunha familia inmigrante magrebí. De longa implicación e traxectoria na acción social, participou nunha asociación de mulleres polo cambio intercomunitario na súa cidade natal, implicouse no traballo en SOS Racisme, ata chegar a ser presidenta da Federación de Maisons de Potes (“casas dos colegas”). Tras o asasinato en 2002 da moza de 17 anos Sohanne Benziane - moza filla da inmigración que se negou a plegarse ás normas de funcionamento da barriada e foi queimada viva en Cité Balzac- organizou unha marcha desde o lugar do asasinato baixo unha pancarta co lema Nin Putes, Nin Soumises (Nin putas nin sumisas). O lema funcionou e converteuse no lema da organización que actualmente preside. O lema Nin Putas Nin Sumisas, é unha provocación que responde a unha frase habitual dos rapaces dos barrios - "Todas putas menos a miña nai" - e que puxo a Francia ante a súa propia vergoña: o inferno que padecen as mulleres dos suburbios, vítimas de segregación, matrimonios forzados, violacións colectivas e mesmo asasinatos de honra. Desde aí impulsou o movemento de Mulleres dos Barrios. Na biblioteca municipal de Muxía pode atoparse o seu libro "Nin putas nin sumisas", da ed. Cátedra.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios