Recunchos da Costa: Área recreativa de Pedra Vixía

A área recreativa de Pedra Vixía é un lugar perfecto para pasar unha xornada en familia. Situada en Baio, á beira do río Grande, ou río do Porto, ocupa o espazo dun antigo serradoiro dos anos 50.

Un muíño de madeira, mesas de pedra e madeira, unha caseta, , espazos para facer grelladas, pontes de madeira e moita natureza fan da zona un espazo ideal para un domingo familiar.

Podedes facer a senda que une Pedra Vixía coa Carballeira de Baio. Un pracer para os sentidos.

 

Como chegar

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA