mércores. 13.11.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: A Casota de Freáns

Recunchos da Costa-Casota de Freans-Foto-Lansbricae
Foto-@Lansbricae
Recunchos da Costa: A Casota de Freáns

Continuamos a xeira de lugares especias da nosa bisbarra mergullándonos nos noso patrimonio arqueolóxico, o noso patrimonio megalítico. Mentres avanza, moi paseniño, o proxecto do Parque do Megalitismo, queremos visitar unha desas antas representaban os lugares onde só os máis importantes xefes das tribus repousaban logo da morte física.

A Casota de Freáns, un dos Tesouros da Parroquia de Berdoias, pertence á Ruta das Antas, que o concello de Vimianzo ten tan ben preparado. Tanén se coñece como “Casota dos Mouros”

Sen ser a máis grande, nin a que está no lugar máis paradisíaco e sen ser a máis importante históricamente, a Casota, coa a súa sinxela forma cuadrada é precisamente singular por non ter a estrutura habitual dun dolmen, asemellándose máis a unha parada de bus para persoas pequenas…

Casota de Freans-Vimianzo-Recunchos da Costa

Esta arca pertence a unha época un pouco máis tempraneira, entre o 2500 e o 2000 a.C., antecedendo a Idade de Bronce. Máis adiante servíu durante moitos anos coma refuxio para pastores. Mantén gravados e covas e cruces.
Este dolmen ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

gravados da Casota de Freans
Gravados. Foto: Tesouros de Berdoias

Cómo chegar

Dende Cee collemos a nacional AC-552 cara Carballo e ao chegar ao cruce de Berdoias collo á dereita. Uns 200 metros logo do cruce hai un desvío cara a dereita pegadiño a unha casa, sinalado pero daquela maneira, co sinal medio desfeito que case non se ve. Continuamos ata unha pista de terra onde convén deixar o coche. Uns 900m máis adiante e logo duns preciosos castiñeiros atopamos a casota.

Castro de Freans-Tesouros de Berdoias
Foto: Tesouros de Berdoias

Máis info

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios