Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: A Lagoa das Xalfas

Recunchos da Costa-Lagoa das Xalfas Louro-Foto-Nieves Formoso
Lagoa das Xalfas nunha foto de Nieves Formoso
Recunchos da Costa: A Lagoa das Xalfas

Ás faldas do Monte Louro, e xusto escoltando a salvaxe praia de Area Maior, temos un dos espazos naturais máis ricos en fauna e flora da comarca. Un clásico que non podía faltar na nosa listaxe de Recunchos.

Catalogado como Lugar de Interese Comunitario LIC Monte e Lagoa de Louro, a Lagoa das Xalfas é todo un paraíso para os amantes da ornitoloxía e dos pequenos anfibios.

Recunchos da Costa-Lagoa das Xalfas Louro-Foto-Nieves Formoso Ingueiro 2
A Lagoa das Xalfas un día de ingüeiro-Foto-Nieves Formoso
Monte e Lagoa de Louro- Foto-Turgalicia
Monte e Lagoa de Louro- Foto-Turgalicia
 

O Ingüeiro

Recunchos da Costa-Lagoa das Xalfas Louro-Foto-Nieves Formoso Ingueiro
A Lagoa das Xalfas nunha xornada de ingüeiro-Foto-Nieves Formoso

Un dos eventos máis impresionantes que protagoniza esta lagoa é o do Ingüeiro. Como nos define polo miúdo aquí Manuel Candamo, o Ingüeiro dase cando a lagoa sofre tal enchenta que provoca a súa rotura, provocando que a auga doce se fusione co Atlántico a través das dunas do areal loureán.

 

Como chegar

 

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios