mércores. 04.12.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: Área recreativa de Pedra Vixía

Recunchos da Costa-Pedra Vixia
Recunchos da Costa: Área recreativa de Pedra Vixía

A área recreativa de Pedra Vixía é un lugar perfecto para pasar unha xornada en familia. Situada en Baio, á beira do río Grande, ou río do Porto, ocupa o espazo dun antigo serradoiro dos anos 50.

Un muíño de madeira, mesas de pedra e madeira, unha caseta, , espazos para facer grelladas, pontes de madeira e moita natureza fan da zona un espazo ideal para un domingo familiar.

Podedes facer a senda que une Pedra Vixía coa Carballeira de Baio. Un pracer para os sentidos.

Rio Grande ou rio do Porto ao seu paso por Pena Vixia en Baio

Recunchos da Costa-Pedra Vixia 4

Recunchos da Costa-Pedra Vixia 2

Pedra Vixia caseta

Como chegar

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios