Ceevilla ten unha cor especial
Por dar un paseo - estando no meu pobo - achegueime ao polígono - ao polígono, que non ao Pentágono, aínda que poida que tamén. Nunca se sabe -. Ao falar do “polígono” estóume a referir a Cee. Penso que non é necesario, pero por se hai alguén que non o sabe, explicarlle que Cee é o polígono de Corcubión.
A estas alturas, xa todo o mundo tiña que se decatar que o estatus de Cee, como vila, principa realmente en ser o polígono de Corcubión – ou sexa, a despensa -. E ben que lles vai a ambos. Un pon os servizos básicos; o outro, a categoría. Algo así.
O que non ten sentido é discutir por parvadas: “es que Corcubión es la aldea de Cee”, “es que los de Corcubión para todo tenéis que venir aquí”, “es que Corcubión es una curva”... Porque agora o que vende é o turismo, e o turismo é dar, e para dar hai que ter. Un lugar tranquilo, bonito, con Historia... Ou sexa que o turista quere ir a Corcubión aínda que logo se desprace a Cee para mercar, como facemos todos. Isto é unha realidade palpable, a pesar de termos lido na prensa a nova que anuncia o galardón que recibirá o pobo de Cee en Fitur recoñecéndoo como un “ Destino Turístico Inteligente”. Era o que lles faltaba para rematar de subirlles a autoestima. E é que Ceevilla ten un color especial.
Que si, que xa sabemos a historia de Fernando Blanco e todo iso, mais a pesar dos intentos de ensanchar o seu patrimonio cultural co de Caneliñas, Gures e o río Pipicaca, non hai comparación. A comarca estalle agradecida ao humanista, como é lóxico, posto que ao decidir empregar a súa fortuna en facer o magnífico instituto, provocou que o futuro de moitos mudara para mellor. A súa vez, o mesmo pobo de Cee tenlle que estar agradecido, ademais de polo dito, por ser a persoa insigne do seu veciño emigrado a Cuba quen os situou no mapa. Hai que homenaxealo, velar a súa memoria e demáis. Pero non se pode estar contando a mesma historia com tanta intensidade ano tras ano sen esperar que canse. Que pasuou en Cee antes de que Fernando lles nacera? Tiveron que agardar ao seu advento para comezar a existir. O cal está moi ben, pero que non toleen, tampouco.
A imaxinación nunca sobra, é moi importante - tamén imaxinou Pondal, e mal non lle foi. O que pasa é que para imaxinar como Pondal, hai que ser Pondal -, mais a este ritmo de fábula colectiva, vai parecer que foron a capital do Reinado dos Reis Católicos. Iso por non meternos no asunto ese de que a ría é súa... No fondo, isto resuta simpático: “Amanece, que no es poco”.
Na actualidade, Cee é un lugar agradable, con facilidade de aparcamento. Vila poboada de xente boa e mulleres guapas e que tamén conta cunha eirexa moi bonita, ascendida no reinado do actual párroco a catedral – digo a santuario-; cun hospital loitado pola Costa e que xa logrou mimetizarse a perfección coa paisaxe; cun supermercado que paseo moito; e cun súper Mercado no que, tralas reformas e actos inaugurativos de rigor, poderase bailar flamenco por Camarón, el Pali, ou Pepe Toronjo. “Sevilla cogió el asú para el coló de su sielo”. E olé. Un paraíso no que, a pesar do rápido avance do quentamento global, teremos que agardar uns anos para poder xogar as naumaquias na Praza do Concello - cando ao mar lle dea por sair de debaixo do cemento a recuperar o seu espazo -. Alí mesmiño agardaremos, ao sol, lendo aos poetas clásicos - que outros non teñen - e tomando chocolate con churros mentres nos da a hora de ir ao cine.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Últimos días para Fin de Ano
- Jou, jou, jou.
- De Casares Quiroga a La Flor del Jamón pasando por Juan Carlos Monedero
- Aire!
- Merca o décimo e que che quiten o bailado.
- Álvaro Pombo existe.
- Vai por tempadas.
- Defuntos
- Amancio Prada e os que van con el.
- A apoloxista de Cortázar
- “A muller de ollos mouros e intensos”
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez