Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fútbol da Costa

Marcos Ordoñez: “Os árbitros tamén soñamos con pitar nun estadio cheo a final da Copa da Costa”

Continuamos en QPC apostando pola creación de contidos propios, e xa podemos marcar unha programación continua para os #DirectosQPC ás 15:00h.

E como os luns botamos de menos as crónicas, dedicámosllo ao Fútbol da Costa, Hoxe, nos directosQPC queremos traer un representante dun dos colectivos futboleiros máis agradecidos. O colectivo arbitral, que na Costa da Morte xa levan varios anos sendo un ente con vida. Un grupo compacto, que forma unha piña e que segue medrando, facendo real a frase que hai pouco nos contaba Bruno Méndez, “o que proba de árbitro, repite”.

Falamos con Marcos Ordóñez, natural de Cerqueda e un dos árbitros costeiros que máis lonxe están chegando no mundo da arbitraxe (15 anos na Preferente e auxiliar na 2ªB en campos de época), todo un exemplo para as ducias de novos colexiados que nacen na comarca.

Deu moito xogo o experimentado árbitro costeiro, e non negou unha pregunta, poñendo cara, e naturalidade a eses entes que sempre se atopan no medio de todo nun campo de fútbol. Falounos de teletraballo (da necesidade de implantalo nas nosas empresas), da iniciativa solidaria do proxecto de bebida Artio, unha marca 100% galega da que forma parte, do seu curioso inicio como colexiado, deses xogadores da Costa que teñen “credibilidade” ao falaren cos árbitros, da emoción que sinte un colexiado, como calquera outro xogador, ao participar na gran festa do Fútbol da Costa como é unha final de Copa.

”Soidade”, a “xestión dos insultos”, os “erros”, o estado do fútbol base arredor da arbitraxe, o bo empurrón da Subdelegación da RFGF na Costa e dos seus “patróns”, foron algúns dos temas tratados. Pero tamén “emprendemento” e “responsabilidade” cívica foron conceptos que xurdiron durante a horiña de conversa.

Esperamos pois velo moito máis polos campos, unha vez que lle tocaba deixar a Preferente por motivos de idade (45 anos) e pasar ao fútbol base, pero ten pedido seguir pitando na 1ª Galega ou en competicións autonómicas de base para poder levar asistentes e compartir esa “experiencia”.

Novas relacionadas

Entrevista dos #DirectosQPC

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Marcos Ordoñez: “Os árbitros tamén soñamos con pitar nun estadio cheo a final da Copa da Costa”